off
Cedeira, Eleccións 24-M 2015, Entrevistas, Política local — 27 Abril, 2015 at 16:23

Entrevista a Alex Del Rio candidato de EU á alcaldia de Cedeira

por

AlexDelRio_EU

Alex Del Rio, candidato de EU á alcaldía de Cedeira

Como prevé as eleccións?
Son tempos interesantes, onde o vello non acaba de morrer e novo non acaba de chegar. As expectativas están moi abertas,  é certo que para a Dereita do PP as cousas son mais fáciles; non hai mais que facer unha breve retrospectiva para darse conta que no tempo que levamos con esta cousa que lle chaman Democracia, só en duas ocasións se conseguiu expulsalos do Goberno Municipal, algo que dice moito. Semella que 40 de nacional catolicismo da ditadura franquista e en consonancia coa mentalidade recollida, caciquil e pequena burguesa dunha parte das xentes desta terra, fai un combinado moi particular.Pero temos claro que a batalla hai que dala, con forzas, gañas e ilusión. Outra forma de facer política e posible, e ímolo demostrar.

Cal é o proxecto do que fai bandeira?
Pan, traballo, teito. É unha situación de emerxencia social que precisa de medidas de emerxencia social,  que require de medidas de excepción, e cedeira non se queda a marxe. Aqui hai persoas que o están a pasar mal,ainda que moitos e moitas prefiran mirar para outro lado, e hai que tomar decisións, as problemáticas sociais non se amañan con boas intencións. O noso proxecto é un proxecto Xeral, non nos encomendamos a un proxecto estrela, porque en esquerda unida temos claro que encomendarse un solo proxecto é farcasar. As políticas teñen que ser  aplicadas transversalmente e para a maioria, hai que insistir en politicas socias e de igualdade en favor de moitos, non de unhos poucos. Nós non imos xestionar o Concello como ata o de agora se visualizaba que xestionaba,  é decir, case que como unha  simple alternancia frente aos períodos de goberno da dereita: a nosa xestión vái a   recuperar o público e expulsar o dominio do privado que hoxe existe sobre os recursos e as necesidades da maioría.  Hai que comprometerse na remunicipalización de servizos e medios e explicar fondamente qué significa esa medida e como vái mellorar as condicións de vida da poboación, evitando que as economías familiares, xá exiguas, se adiquen a engordar os beneficios de empresas de todo tipo.

Recuperar o control do público e dos orzamentos municipais, que vai ter ademáis como obxectivo crear emprego no Concello.Revisión das taxas municipais, nunha política auténticamente verde e progresiva. Onde paguen os que mais teñen e os que máis contaminan. Non podemos seguir co abuso dunha taxas incrementandas arbitraria e indiscriminadamente .,que castigan duramente a veciñas e veciños deste concello mentres outras elites de privilexiados negocian as taxas “a la carta”. Hai que aplicar tamen bonificacións as familas con escasos recursos, lembremos que estamos a pasar unha época de pobreza enerxética. algo inconcebible nun pais productor de enerxia, e hai que axudar as familias. Defendemos unhos servizos básicos, publicos e de calidade, unha sanidade publica, universal e gratuita, un dos proxectos que levamos no programa e a mellora e dotación do actual centro de saude, mellora do centro, mellora nos medios e no persoal. non pode ser como aconteceu  este verán que non habia sevizo de pediatria. Defendemos unha educación pública, laica grattuita e universal, apostamos polas escolas infantis, e o pulo os consellos escolares. E defendemos como non, unhos salarios dignos e unhas pensións dignas, hai que establecer unha renda básica para as persoas sen recursos, xa está ben de engordar os bancos e latrocinio dos intereses privados. Recuperación da praia da madalena e solución o problema da contaminación. Este e outro dos eixos importantes do noso proxecto, asi como a recuperación da Capelada.

A que partida orzamentaria adicará máis cartos?
Está claro que toca axudar as persoas, as persoas teñen que estar por riba dos intereses e da economía,  a economía ten que estar o servicio das persoas, e non dos intereses privados e particulares.  Está claro que o eixo do noso proxecto articula sobre a Politica Social o emprego e benestar das persoas. Medidas como o Fondo de Garantia familiar e a empresa municipal de servizos, fomentadas exclusivamente para axudar os mais necesitados. Mención aparte, hai que sinalar que o noso proxecto para un centro de dia e da terceira idade, dist amoito do modelo clientelar do PP., ten que ser Publico e de xestión publica, non o negocio que queren montar estes “pollos”. Tamen temos previsto un plan para a Xuventude, un plan de emprego para a xuventude e reinserción laboral para os parados de longa duración.  Aquí teran que implicarse administración ,concello, empresarios e sindicatos, pero sobre todo crear a condicións axeitadas, que co gobernó do pp cedeira quedará condeada o ostracismo se seguimos a este ritmo. Aquí non hai a que vir, non hai oferta de nada, e  agora falan dun Porto Deportivo cando ainda non hai solución para o problema da Praia e a contaminación. Unha vergoña.

Como é o seu equipo?

Teño o mellor equipo que poido ter.Xente comprometida e coas ideas claras, si falamos do numero 2 por exemplo, Cristian Mera, empresario do sector da automoción, compromiso traballo e militancia o define perfectamente, non se entenderia esaquerda unida en Cedeira sen el. A numero 3, Yolanda Rolle Vilela, de sobra coñecida polo seu traballo de cara ó público no Super, unha persoa intelixente, con grande ideas, tampouco se entedira Eu sen Yolanda. A numero 4, Sonia Marín. Activista política e social, comprometida coa sociedade. unha grande fichaxe. O numero 5, sobran palabras, Antonio Pérez  “O Loira”,  Biologo, un crack. o numero 1 en materia de medio ambiente, traballador incansable e consecuente. Militante, comprometido, unha sorte poder contar con él. A nimero 6. Persi Rodriguez. muller traballadora, non dubidou en dar o paso a  presentarse con EU as Eleccións. Un encanto de persoa. O seguinte, Carlos Garcia Cachafeiro, ainda que prefire manterse nun segundo plano, podese dicir que é  xunto con outros,  alma mater de EU. alguen case insustituible. compromiso e militancia, ideolixia e praxis.O ”  cacha en estado puro”. A mais nova. chegada directamente das bases, Eva Maria Santalla, 19 anos. O futuro de EU está asegurado,  temos base. Agora tocalle a un historico, Francisco Vilela “kiko” , Sindicalista, a loita obreiea corre polas suas veas. non se rende nin se rendera nunca. Penso que de sobra coñecido na vila, experiencia  e sentido da responsabilidade. O seguinte, Rubén Riola, 25 anos, xa foi na candidatura anterior, emprendeor e loitador, este rapaz xa dirixe o seu proxecto empresarial no eido forestal. Marta quintana, repite tamen na candidatura, Auxiliar de enfermería e celadora inetrina. José. Manuel fraguela Barcón.   Un hístorico. Hai persoas que marcan a diferencia, barcón é una delas. Alguen fundamental no proxecto de EU. Sandra Vilela. Esta camarada, Camara de TV,  leva no deu ADN o pensamento critico e loita de clases. Non por ser suplente deixa de ser importante, Alberto Bustabad, militante de base da agrupación en cedeira, profesional da hostelería rexenta o seu negocio en Ferrol.

Non é a primeira vez que se presenta. Que mudará das políticas de Luis Rubido?
Das polticas de luis Rubido hai que mudalo todo. A antitesi a nosa ideoloxia e praxe política. As políticas clientelares do PP, e o seu nepotismo, pouco ten que ver con EU.
-Que vicios cómpre erradicar dos anteriores equipos de goberno?
Os anteriores gobernos pouco se lles pode achacar, xa que pouco tempo estiveron para poder desenrolar as suas plíticas e proxectos. Algo que si se lles pode botar na cara, sobre todo o ultimo gobernó tripartito, e unha maior implicación no eido da participación democrática dos vecinos e veciñas, e a continuidade das vellas políticas de dirixismo, e seguir mantendo a externalización dos servizos básicos como a auga e o lixo. Non obstante EU nunca firmaría un acordo de goberno como aquel do PSOE-BNG e Tega.
Na súa presentación na prensa afirmou: “«transparencia na xestión local.”… a que se refería?
Transparencia na xestión significa gobernar obedecendo, xa sei que é unha frase do subcomandante Marcos, pero expresa perfectamente o noso código ético. Gobernar obedecendo á maioria social, os de abaixo. Erradicación de todo tipo de corrupción e corruptores, transparencia na xestión municipal; unha das primeiras acción que levaremos a cabo será unha auditoria de contas, queremos saber e facer coñecedores os vecinos e veciñas en qué e como se gastan os cartos. Actuaremos baixo un código ético de transparencia, as contas claras, publicación  de todas as contas e presupostos, trasnparencia nas mesas de contratación, agora co PP semella máis unha mesa de adxudicaión.Transparencia na contratación de persoal e bases dos concurso oposición, as mesas teñen que estar sindicalizadas. e moi significativo, eu que ando moito polo rural, que en certos domicilios nos que se ven os vehículos de algún concelleiro, logo son os elixidos para acupar os postos de traballo ofertados no concello…¿casualidade?
Como potenciará a participación cidadá?
Democracia participativa, onde os vecinos e veciñas deciden en que se empregan os presupostos, en que e prioritario actuar. A pólitica hai que levala á rúa, os barrios, as parroquias….a política non solo se fai nas institucións. Un novo Regulamento de participación cidada, onde os vecinos e veciñas sexan os protagonistas e participes da política local. Hai que seguir avanzando nos modelos de organización do pobo a nivel territorial e sectorial.

 Alexandro del Rio Bellón


Traballador do sector eólico e vinculado o sindicalismo de clase, e membro da Executiva do Sindicato de Industria de CCOO. Secretario de Organización e Finanzas Comarcal, membro do Consello político Nacional de EU. “A política e a conciencia de clase corre polas miñas venas, o PCG é o meu partido, Esquerda unida é o meu proxecto, un proxecto común de moitos e moitas, non é un partido ó uso, EU e un movemento político social”, afirma.

“Presentome a éstas eleccións como candidato á alcaldía porque os compañeiros camaradas e militantes asi o decidiron. Demostraremos que outra forma de facer política é posible”

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: