off
Entrevistas, Movementos sociais — 24 Abril, 2015 at 18:59

Entrevista a Marea Ártabra: “Aínda nos queda camiño que andar e coñecernos máis para que o proxecto poida dar de sí todo o seu potencial “

por Redacción

Falamos con membros da Marea Ártabra ferrolà para que nos conten como valoran a experiencia, o momento presente e como albiscan o futuro do movimento social


Ollaparo: A Marea Ártabra semellaba avanzar nas primarias celebradas o  pasado 20 de marzo. Dende o comezo, a complexidade de Podemos en Ferrol non  callou  nun  apoio directo á Marea e mesmo houbo acusación de  irregularidades nas  votacións  para escoller consello cidadán.  Alexandre Carrodeguas asinaba un artigo o pasao  marzo no que  afirmaba  que había que facer en Ferrol todos os esforzos para acadar  una  única lista de unidade que “represente a ese pobo que xa non atura mais e tanto  leva sufrido”. Que acontece en Ferrol coas Mareas? Persegue o mesmo a Marea de  Ferrol que a de Pontevedra? 

MA: En Ferrol a Marea Artabra está a crear un espazo de confluencia cidadá onde as persoas que participan nela o fan a título individual e deixando a un lado as siglas. Temos cidadáns que están a participar por primeira vez nunha experiencia política, compañeiros e compañeiras que veñen de partidos como Espazo Ecosocialista, Podemos, Esquerda Unida, Anova… e que poden facer de ponte para que veñan outras persoas.  

Outros veñen do mundo sindical e aínda recoñecendo que hai sensibilidades distintas, todos temos claro que hai que deixar os personalismos e prácticas partidistas a un lado para elaborar un proxecto común que mire polo ben da cidade. Aínda nos queda camiño que andar e coñecernos máis para que o proxecto poida dar de sí todo o seu potencial. 

Respecto se perseguimos o mesmo que a Marea de Pontevedra, dicir que Marea Ártabra persegue o afondamento democrático e a democratización da economía entre outras cousas. Fará algo máis dun mes houbo en Pontevedra unha reunión de Mareas a nivel galego para ver a posibilidade de establecer mecanismos de confluencia entre todas, pero parece que nos temos que dar máis tempo para que este ilusionante proxecto madure.

Ollaparo:Tense dito que as mareas evitan alicerzar o debate entre esquerda-dereita xa que considerano un aliñamento que só beneficia ao poder. Teñen debatido de abondo as Mareas o que significa representación política e poder? Non houbo certa trivialización? No ensaio “Bajo sospecha” Boris Groysa afirma que a realidade xa non é o que era porque o que semella ser o seu fluxo é cada vez máis dependente dos diferentes campos de signos superpostos que deixaban sen interrupción os medios de comuniación de masas. Non estará a acontecer algo semellante entre a chamada esquerda alternativa e o seu votante potencial, un equívoco xogo de distancias e proximidades interpretativas que a excesiva exposición mediática -no caso de Podemos- facilitou certa confusión sistemàtica entre a realidade mediatizada e a realidade en si mesma, no territorio? A incredulidade e a sospeita sistemática pode acabar tendo un prezo social moi alto en forma de desconfianza ou de apego só a aquilo que parece máis agradabel ainda que falso?

MA: A Marea Ártabra non evitou dar tal debate, porque nunca se formulou como tal. A Marea vai-se conformando como un movemento sociopolitico diverso e plural. A procedencia politica de cada quen seguro que vai marcar e marca os posicionamentos políticos como colectivo, pretendendo sempre a maior participación e consenso. De feito, cada comunicado publico ou posicionamento concreto que realizamos ate o momento foi froito de debate intenso. As opinións particulares son só iso, exercendo cada quen a liberdade de opinión e discrepancia pública con total liberdade. Polo tanto o posicionamento ideoloxico colectivo da Marea Ártabra ven definido no seu manifesto incial, os posicionamentos públicos e o programa político municipal que estamos ultimando xa. E nos textos que utilizamos para difundir quen somos e que queremos. Na Marea non debatimos ben a fondo o que significa “representación política e poder”.

Ollaparo: Algunhas das persoas que se teñen manifestado alentando a unidade popular facíano antepondo unha estratexia de mínimos sen patriotismos partidarios nin prexuizos ideolóxicos. O rascuño de medidas económicas elaborado por Vicenç Navarro e Juan Torres, que a prensa apresentou como o “programa económico” de Podemos, non é a proposta dun  sistema socialísta nin moito menos comunista, mas un programa reformista no que se di “no capitalismo acadáronse grandes fitas e un progreso nunca antes acadado na historia da humanidade”. A diferencia dos clásicos non propoñen o fin do capitalismo mas a súa reforma nun paquete de medidas socialdemócratas. Para dicilo doutro xeito, o informe volve á tradición da esquerda previa á Terceira via Blair-Giddens (renda garantida, salario mínimo, crítica da globalización, Europa e euro mas non achega propostas proteccionistas, e con prudencia fala de  “reestructuración” a débeda sen propor “quitanza”, etc.. Porén, Podemos presentouse ás europeas dicindo “Pagaremos solo la deuda justa”. Pódese ser alternativo sen prexuizos ideolóxicos?   

MA: Polo xeral cando hai posibilidades de conseguir o poder moitos partidos abandonan as ideas mais radicais para centrar o debate en algo que poida asumir a inmensa maioría de votantes e isto co tempo fai que o statu quo se manteña e beneficie aos poderes constituídos que nos gobernan dende fai xa décadas.

Ollaparo: Ás portas xa das municipais, fechándose as candidaturas, cal é a vosa relación cos partidos políticos preexistentes?

MA: De momento a elaboración da candidatura, dos diversos documentos-estatutos, código ético, regulamento interno, formas de finanzamento, charlas-debates, socialización do proxecto etc…está a levarnos a maior parte do tempo e non temos sondado o resto do espectro político, salvo Ferrol en Común, cuxos integrantes estaban no inicio da Marea. Respecto a este tema será a asemblea a que decida posibles pactos, tendo en conta o resultado das eleccións e por suposto a confluencia de propostas.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: