off
Movementos sociais, Mundo, Política — 20 Abril, 2015 at 12:57 p.m.

Unha lancha con 300 inmigrantes lanza un SOS no Mediterráneo

by

Ainda non se acabou de contabilizar a cifra de mortos do naufraxio dun pesqueiro carregado de persoas inmigrantes na Canle de Sicilia cando se vén de producir unha nova  alerta confirmada pola Organización Mundial das Migracións.

Cando a vida é máis perigosa en África que atravesar o Mediterráneo, as persoas arríscanse ao caos de Líbia fuxindo da fame e as guerras como as de Síria e o Iemen. Esta xente está a procurarse a vida como faría calquera de nós nas súas condicións. Dende comezo de ano, segundo as autoridades italianas, morreron unhas 1.500 personas, 13 ao dia. Cantas mortes diarias se precisan para que Europa faga algo?

Mulleres, homes e crianzas que fuxindo da miseria e da violencia acaban nas máns de traficantes que lles pagan unha forturna por acadar as costas de Europa en barcos que fan auga. Mulleres e nen@s fechados nas adegas como nos mellores tempos da trata de escravos, o que no intre do naufraxio ficaron atrapados se posibilidade se quer de lanzarse ao mar. Horror.

Dende que italia suspendeu a súa operación, non hai ningún dispositivo de resgate nas augas entre Líbia e Italia. Cantas mortes se precisan para que a UE faga algo?  Máis de 1000….non abondan para disuadir? Coa falta de dilixencia e vontade política amosada até o de agora por Europa cantas mortes máis haberá que lamentar. Hose fai unha semana que se xuntaron en Barcelona os ministros de exteriores da UE e dos paises do norte do Mediterráneo impulsados polo  jihadisme  e non pola emigración desesperada que está acadar cifras de hecatombe nos últimos dias. Sete anos levaban sen reunirense. O naufraxio de Europa.

Ao mellor tamén che interesa:

Naufraga unha lancha con 700 emigrantes nas costas de Líbia

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off