off
América, Arte — 6 Abril, 2015 at 6:46 p.m.

Artistas anónimos instalan un busto de Snowden nun parque de Nova York

by

Seica pasaron medio ano arranxando a intervención que engadiron ao monumento aos 11.000 americanos mortos en barcos-cárcere británicos durante a Guerra da Independencia


[youtube]https://youtu.be/n7rAhEpft5g[/youtube]

A instalación en Fort Greene Park de Nova York, no barrio de Brooklyn, ten a feitura dunha escultura de 45 quilos engadidos ao memorial dos 11.000 americanos mortos en barcos prisión británicos durante a Guerra da Independencia dos EUA.  O que consigue esa homenaxe que destapou a espionaxe da NSA é non desentoar co monumento preexistente.

“Actualizamos o documento para resaltar aos que sacrificarom a súa seguranza na loita contra as tiranías  dos tempos modernos”a afirmaron os artitas nun comunidado. Snowden, perseguido polo goberno dos EUA pola filtracións sobre a espionaxe da Axencia Nacional de Seguranza, continua a historia das orixes dos Estados Unidos, comunicaron os artistas a Mashable.

A acción de protesto foi arranxada durante medio ano xa que o busto de 5 quilos, non é de metal mas dun material de imitación pintado para que se integre ao conxunto escultórico previo e ao que se engadiu un autocolante que se pode eliminar sen deixar pegada.

Os artistas teñen calculado o custo da intervención contando as horas de traballo que non cobraron nuns  30.000 dólaress e esperan que a administración do parque non retire o buto ainda que son conscentes de que aconteza.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off