off
Cedeira, Festas — 2 Abril, 2015 at 10:36 a.m.

A obscenidade de gobernar para facer festas

by

En tanto as familias non saben como chegar a final de mes froito da devastación austericida, Luis Rubido, alcalde do Partido Popular de Cedeira adícase   a asumir (no pleno ordinario do 25 de marzo, derradeiro da lexislatura que remata) as débedas das festas de 2014, nada menos que 18.150 € sen papeis nen facturas que medien. Porén, no canto de aprendermos, instalouse na cidadanía a resignación perante a frivolidade institucional. Aprendermos  a festexar a altura das nosas posibilidades pode servir, ademais, para redefinir o modelo de desenvolvimento turístico que queremos e a recuperarmos tradicións con maior valor engadido, por exemplo, dando ocupación a artistas de noso. Que hai de noso nunhas festas caras e estandarizadas? Que hai da cultura galega? Os campións da austeridade no gasto social non deberían ser os valedores da austeridade festiva?

Obscenidade. E indecencia dun xeito de faceren política, austeridade e restricción no gasto e nas prestacións sociais, mentras a única nación que estes desleixados teñen -a Nación Facebook e non a da cidadanía-  móstrase en pailarocadas desta caste -sempre, claro é, a conta do sisiño, do erario público e da lingua do país, a de todos:

 PARÍS DE NOIA, COMBO DOMINICANO y LA PEGATINA

Sería una tripleta épica para encabezar la Patrona 2015, ¿verdad? ¿No os gustaría verlas en Cedeira?

Pues no se hable más, porque las tres están totalmente confirmadas para agosto!!! El viernes 14 actuará la París de Noia; y el sábado 15, nuestro gran día, swing del Combo para todos.

La Pegatina vuelve otra vez a Cedeira para resarcirse, esta vez el 16 de agosto, en el que hasta el momento es el único concierto confirmado del grupo en toda Galicia para este verano. ¡Y va a celebrarse aquí!

Además, en la querida Xira a San Antonio, 17 de agosto, actuará la orquesta Aché, una Top-10 gallega, para montar la fiesta cuando todos hayamos bajado con las gaitas.

No queda ahí la cosa. En los próximos días os seguiremos informando de otros grupos y novedades que vayan surgiendo en la programación de este verano que, ya os avanzamos, va a ser movidito. ¡Ya queda menos para volver a ver Cedeira como en la foto!

En representación de quen fala o Facebook da Comisión de Festas cando o goberno municipal de Cedeira vén de asumir o pagamento dunha débeda de 18.150 euros? Estase a enganar na súa propia propaganda o alcalde Rubido creando a pantalla dun mundo que non é cara os turistas? Decídese a política local no consistorio da rúa Real?

A Enquisa de Poboación Activa do estado español  deita datos desasosegantes, os sinais de recuperación que só ve o Partido Popular contradín unha economía que  segue a destruir emprego entanto a poboación activa segue a caer. O desemprego xuvenil (por riba do 55%), sementeira de frustración de non atopar traballo atopa como resposta panem et circenses. As faragullas dunha ocupación en condicións draconianas e o contrapunto alienante de ver como a propia administración se adica a lexitimar e asumir o costo de eventos festivos fora de lugar. Que gañe a hostelaria está ben se se corresponsabiliza no gasto e hai retorno equitativo no gaño: o resto da poboación, a maioría, non recibe axudas para millorar as súas economías domésticas. Pola contra, perdeu adquisitivo, prestacións sociais e sanitarias. E por riba, a cronificación do paro.

Mentras no estado hai 400.000 fogares sen ningún ingreso salarial, en Cedeira Caritas informa que se pasou de 25 persoas a seren atendidas en 2013 a 40 familias en situación de emerxencia social, quer dicir, sen ingreso ningún, no momento actual. Vai cronificando o problema en forma de desemprego, dependencia e precarización laboral con remuneración ínfima mentras o goberno do PP se adica a frivolizar con partidas orzamentarias destinadas a desbaldar recursos con moi baixo valor engadido e sen apenas retorno en forma de postos de traballo. 50.000 € nun merendeiro prescindible en San Fiz, outros 60.000 € no acondicionamento do paseo fluvial e máis 25.000 € só en facer instalacións para un servizo de bicis que non contaba cunha ordenanza municipal que o regule.

O paradoxo do PP é tal que mentras Rubido espotricaba contra os viveiros de empresas, o seu compañeiro Louzán non fai máis ca pontificar das bondades deses viveiros. Todo asegún e a conforme, segundo conveña e brue o vento.

Nuestra política seguirá siendo intentar traer “orquestas de moda” y también grupos dentro de nuestras posibilidades”, afirma un entusiasmado siareiro da austeridade no Facebook.

Ai, as posibilidades ! O caso é que dende que entrou o actual goberno o desemprego non se reduce, manténdose en 525 persoas no paro. Velaquí a anatomía da austeridade cronificada. O tímido crecemento do que fala Rajoy, u-lo? Que ocupación pensa incentivar o goberno popular de Cedeira adicando 18.150 euros a sandar a débeda das festas de 2014 ? Cos datos de desemprego e coa precariedade de ocupación, adicar esa cantidade de cartos a asumir a débeda das deficitarias festas do 2014 mentras se anuncia a bombo e pratiño que o 14 de agosto xa teñen contrada La Pegatina e a París de Noia é unha obscenidade. De facermos unha psicobiografia das festas, todo soa a reverencia ás divinidades hispanas que nos visitaban, apenas un reflexo condicionado, rutina e moita moita carraxe contida. E para que imos sisar sobre a cuestión da irracionalidade da democracia pepera ou sobre se a polis condenará a súas moscas colloeiras, mesmo sabendo que moitos cedeirenses galegos xa non acreditan nos mitos da españolidade? Ah a impiedade de cuestionar a tranquilidade circense que ameaza o statu quo !

Como se pode inocular socialmente a golpe de titular de imprensa que imos ben se o 75 por cento da cidadanía non percibe millora ningunha? As festas que non se poden pagar han millorar o malestar social, non si?

Non se trata de non festexar senón de facelo dun modo socialmente responsable. Todo isto é unha irresponsabilidade que lle está a sair moi cara á cidadanía cedeirense. A Cedeira autosuficiente e sobrada que se explota a si mesma. Cedeira Jardiland de Fodechinchos Bahia de Miraflores del Manzanares. Atentos.

Ao mellor tamén che interesa: 

Practícase en Cedeira a caridade como se fose política social?

Cemento e potes floridos para gañar o futuro

Tags

6 Comments

  1. a bandurria asasina

    Outra cousiña,…amáis de pagarlle os 18.500 a comisión de 2014 como premio daselles a oportunidade de repetir en 2015 (habendo unhas municipais po lo medio),……..acaso a debeda e maior?……..como e que a comisión de 2010 do Alberto non se lle permita recadar os 15.000 euros que deben despois de haber abonado de xeito particular mais de 20.000 euros…e mentres outros..¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿…:-) 🙂 🙂 🙂 NA VILA..¿SOMOS TODOS IGUAIS¿¡¡¡¡¡……. xo,xo,xo,xo (me río en gallego)

  2. Concordo bastante coa bandurria asasina… as festas, unhas e outras e fixéronse por igual e igualmente gozáronas cedeirenses e turistas, mas cando chegaron os problemas económicos dada a burbulla festeira instaurada (semella que hai que ir de lo más más de lo muy muy en Agosto aínda que sexa por riba das nosas posibilidades ademais… logo debemos calar e adoptar o ollomol como animal de compañía si así nolo pide o PP&others) a uns esixíronlles que a asumiran botándoos aos cans logo de algarer a opinión pública local… a outros os ascénden. A unhos os acusan de ladróns e a outros tápanlles os buratos sen facturas nen documentación e de cadidatos nas listas

  3. a bandurria asasina

    Quixera facer un apuntamento: dende hai mais de catro anos sei que hai unha persoa do pobo,que leva exixindo a creación dun regulamento de comisions de festas,pra que todas as comisions participen en igualdade de condicions a hora de organizar as mesmas, pois as comisions funcionan en base a filiación política…se son dos menús non hai problema,e si son do rival político..imos a darlle.. En Cedeira vai así…do mesmo xeito que en Catania,Palermo,Napoles…. Non me consta que ningunha forza política teña intención de resolver este asunto, principalmente porque as festas son un evento de promoción política moi codiciado… Ninguen exixiu, polo menos nos últimos anos 2007,2008,2009,2010,2011,2012,2013 e 2014 que se fixeran públicos os datos das festas…e ¿sabedes que¿ ….ninguen o vai exixir…FIN DA POLEMICA. A merda todo quixera decirlle que os concelleiros/as do BNG cobran o mesmo cos do Pp,PSOE..vaia parida meu… e pra rematar, o Súper líder da oposición cedeiresa,sr. Vergara semella que se indignou moito por este asunto,soltando algo así como: que faria o actual goberno se a debeda da comisión fose de 40.000 euros….. constame que a comisión de 2010 tivo unha debeda semellante a esa cantidade, mais non e a única comisión que pechou en negativo,por eso gustariame saber si se refiere a comisión de 2010 ou a de 2009 da que era tesoureiro o sr. Pablo Moreda. Con todo esto temos o seguinte panorama: o presidente da comisión de 2014 nas listas do PP, e o tesoureiro da comisión de 2009 de candidato a alcaldía polo PSOE….. QUE PROBLEMA HAI…. NINGUN¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡………..

  4. Suma o que cobran os concelleiros (incluídos.os teus camaradas do BNG) en todo o ano por acudir aos plenos. A ver a canto se queda (se non se pasa) dos 18.000€ destinados a festas. Como supoño que vostede non baixará na Patrona (xa que tanto gasto supón, boicot total) supoño que non saberá como está a rúa (e quen di rúa di bares, restaurantes…) neses días. A vida que lle da ao povo e os beneficios penso que son ridículos comparados aos 18.000. PD: non che vou negar que hai familias ás que lle fan falta os cartos, mais aínda que non o pareza, eses 18.000€ son bastante importantes para o povo. Dende a miña humilde opinión.

    • Da primeira parte do comentario só.podo contestar como parte afecta á acusación esa dos soldos dos concelleiros do BNG que os cartos das concelleiras non son dos plenos que non daba para alugar local… os apartamentos en Ibiza e o capital evadido a Suiza polos nacionalistas locais foi coa madeira da Capelada.

      O resto queda contestado no artigo que da pé a esta perda de tempo

    • Brais Eirexas

      “MERDA TODO”, supoño que iso é o que pensas do comentario que escribiches, acougha porque eu tamén o penso, enxebre estrume 🙂

      Non te auto-asoballes intentando escribir outro comentario mellor arghumentado non vaia ser que a túa única neurona rache e logho o PP cos cartos públicos das/os

      Cedeiresas/es non poidan comprarche outra prá que sighuas votando á mafia. Non é que non se poidan comprar neuronas gheghe… e que comprarche unha neurona non lle vai dar moitos votos o PP, o que si lle dará moitos votos é que o presidente da comisión de festas vaia a ir nas listas do PP ás Municipais a cambio de que lle pagharan a deuda de 18.000 euros, unha deuca da cal non quero ser accionista cos meus impostos, eu quero ser accionista de que os cartos públicos se invirtan en creación de empresas, na sanidade pública, no ensino público, na protección do patrimonio ghalegho, na difusión e potenciación da linghüa e cultura ghalegha, e en xeral nos intereses das/os cedeiras/es. Só eres unha marioneta do sistema, colle un libro a ver si con sorte a túa única neurona se reproduce e alghún día cheghas a pensar por ti mesmo e deixas de funcionar como un altavoz do PP.

      É doado criticar sin dar o nome real e cunha clara carencia de datos económicos que apoien o que ti dis na túa pésima búsqueda de quitarlle peso o derroche de 18.000 euros. Perdón por escribir unha frase largha sin puntos e comas, sei que a túa única neurona non a vai dar procesado.

      O BNG ten os seus erros pero polo menos non é corruPPto nin traiciona os intereses das/os cedeiresas/es, e iso o sabes incluso ti. Outra cousa boa das dúas concelleiras do BNG é que foron votadas por cedeiresas/es prá cheghar alí, non como o teu dono que foi colocado como Alcalde a dedo polo seu irmán e ninghún cedeirés o votou. Na Vila sábese que o que cobran as dúas concelleiras do BNG non chegha prá mistos, e ademáis vai pro partido non pro seu peto, ¿por qué non criticas o teu dono? el o pouco tempo de cheghar á alcaldía subiu o seu salario e as/os concelleiras/os do PP cobran de carallo por reunirse prá falar do parvas/os que son os seus votantes, ou sexa Merda Todo, que se rin de ti.

      ¿Por qué esta comisión de festas ten a oportunidade de que lle paghuen unha deuda e outras persoas de comisións anteriores non?, ah, xa sei a resposta, e que ninghún iba nas listas do PP ás municipais. Non todas/os as/os ghaleghas/os traicionan a terra dos seus debanceiros prá estar dispostos a ir nas listas de unha mafia que está a esnaquizar a economía, ecosistema, tradicións, cultura, linghüa, recursos enerxéticos, aghro, mar, do noso Pais.

      Cada persoa é ceibe de aportar ou non aportar cartos á comisión, así que si queres aporta ti 18.000 euros, aporta ti tamén a nova débeda que terán que paghar cando cheghen as festas patronais. Os cartos públicos son prá prioridades, como por exemplo que alghunhas/alghúns cedeiresas/es poidan ter un plato de comida cada día na mesa, dado que alghúns xa saen pola noite a rebuscar no lixo, ¿semellache normal iso? ¿si ti pasaras fame defenderías os mafiosos culpábeis da túa mala situación económica? caenseme as bághoas o pensar que Cedeira ten un ghoberno que traiciona os intereses da Vila e que ti e outros, que tamén sodes uns traidores, defendedes ese ghoberno porque só tedes unha neurona e necesitades que os vosos donos pensen por vos.

      Festas promocionadas en castelán, non vaia ser que as/os ghaleghas/os non entendamos o que pon si se escribe en ghalegho, supoño que toman por parvas/os as/os cedeiresas/es. Ghrupos que cantan en castelán cousas do estilo: “muévete perra que lo haces muy bien… danza CÚduro… aí viene el bombero con la manguera… yo soy español, español, español…”, todo moi lonxe da temática das cancións da maioría de ghrupos ghaleghos que cantan en ghalegho.
      As entradas do faceboook en castelán, curiosa a do día 29 Marzo ás 21:11: “…hemos elegido esta foto del Caribe Cedeirés para promocionar nuestras fiestas y nuestro entorno natural.” a foto está moi ben, pero o do “Caribe” en unha terra enxebremente atlántica, do arco atlántico europeo, prá promocionar “fiestas y nuestro entorno natural” ¿caribeño?, bueno, supoño que é mellor iso a que se digha “mediterraneo porque somos españoles” OLÉ.

      En fin, aghardo que as festas da patrona non xeneren unha deuda que de novo teñamos que paghar todas/os as/os cedeiresas/es, porque non todas/os somos parvas/os e polo tanto non estamos dispostos a paghar a campaña electoral do PP. Xa que recortan en sanidade, educación, inversión a emprendedores, etc, a ver si comezan a recortar tamén en festas.

      Gabon “Merda Todo”, ni abertxale naiz, borroka da bide bakarra, ¿non carallo zaudete caciques cedeireses?. Oso ondo M.Todo, osoa polita neurona ¿zenbat da bi gehi hiru? ghaghagha mila eskeeeer 🙂 y si quieres te lo digo en castellano por si lo quereis poner en un cartel promocional de las fiestas o escribir en el facebook en castellano.

      Esqueciame, prá non dar lughar a malas interpretacións intenciondas, lembro que non estou en contra das festas, pero si do derroche e de que se empreghen con fin electoralista.

      Voume vivir a San Sadurniño… donde se decida en asambleia que ghrupos poden tocar a partir dos cartos que teñen.

      Bon artigho.

      #nonderroches #recicla

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off