off
Europa, Galiza, Mar e Pesca, Traballo — 4 Marzo, 2015 at 12:50 p.m.

O BNG acada o apoio do Parlamento para reclamar as pensións dos mariñeiros en barcos noruegueses

by
 Esixe o recoñecemento do traballo dos mariñeiros galegos en buques noruegueses e acada un acordo parlamentario

O BNG acada un acordo parlamentario para non subir o 21% o IVE os produtos pesqueiros. O parlamentario Rodas vén de afirmar que Noruega “non recoñece” as pensións de xubilación, “12.000 mariñeiros, segundo a Asociación galega Long-Hope, por carecer de residencia no país”.
O portavoz do PP, José Manuel Balseiro coincidiu co espírito da iniciativa defendida polo deputado do BNG e o consenso do resto dos grupos que a apoiaron polo que anunciou o voto favorable do grupo maioritario do Partido popular.
A súa desprotección  agravase porque España non computou na Seguridade Social  o tempo de embarque nos buques.
O parlamentario nacionalista demandou do Goberno galego instar ao Goberno español a presentar unha demanda contra esta decisión por considerar que incumpre o Convenio europeo de Dereitos Humanos e discrimina “por nacionalidade” a inclusión no sistema de Seguridade social norueguesa aos traballadores empregados nos mesmos barcos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off