off
Música — 28 Marzo, 2015 at 7:42 p.m.

Guadi Galego ao vivo no Auditorio de Cedeira

by

conertoGuadiGalego-20150328-WA0008Nun Auditorio de Cedeira ateigado, 250 persoas expectantes por sentir ao vivo “Lúas de outubro e agosto” e outras vintecinco que ficaron fora sen entrada. Guadi Galego presenta un traballo adicado á escritora Begoña Caamaño -finada o pasado outubro- e o de maior suceso da carreira da artista cedeirense, con 3000 copias vendidas nos primeiros meses.  Guadi achega aos concertos un repertorio   de seu, sen complexos. Moi pop, as sonoridades acadadas en Lúas de outubro…

O concerto abre cun desexo, infelizmente conculcado, que tería sido facer o concerto no desaparecido  cinema-teatro Tres de Ouros.

Comeza o concerto cun repertorio impecablemente parido que non evita o nerviosismo inicial de cantar ao vivo. Tres músicos fanlle a corte. Guillerme e Isaac de Berrogüetto. Ao baixo, o sempre virtuoso Paco Charlin. Guadi versiona Quixera e Norte do Alén. Puro rock. Non lle será dificil quedarse co público. Tesituras para gorentarmos no festival dos descalzos de pé e non sentados. Naturalidade e contundencia do vivo. De crisálida a bolboreta negra. Punteos finais de Guillerme. Xa na loxa de venda de CDs, rematado o concerto,  unha velliña pregunta que quer mercar a canción  Madama. Veni, vidi, vici.

[wzslider autoplay=”true”]

Ao mellor tamén che interesa:

Guadi Galego: “Se non hai verdade na arte,… que nos queda?”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off