off
Ciencia — 19 Marzo, 2015 at 8:06 a.m.

Eclipse solar ás 09:06:16 até ás 11:17:48

by

O “Observatorio Astronómico Nacional” diponibiliza unha ferramente web para saber os pormenores do fenómeno en todos os concellos de Galiza introducindo o código postal. Os eclipses solares son un acontecemento para sabermos como afectan á atmosfera. Durante 2 horas e 20 minutos, até as 11.27 aproximadamente, a Terra,a Lúa  e o el Sol estaran aliñados. O intre de máxima ocultación será contra das 10.16 h. Na zona da Coruña o eclipse comeza ás 09:06:16 e remata ás 11:17:48, acadando 0 máximo ás 10:09:16 cunha magnitude 0.80. Para os observadores avanzados, o formulario tamén achega detalles técnicos do fenómeno, como a magnitude da elipse, a porcentaxe de sombra, a altitude sobre o horizonte e a distancia entre os centros da Lúa e o Sol.   Ainda que non fará noite, a mañá será máis fusca do habitual, como se estiver anubiado . O espectáculo é único. Os expertos lembran que non se pode ollar o fenómeno directamente e que as lesións só se detectan cando xa se produciron.

eclipsesolar

eclipsesolar_ACORUNHA

A consulta por provincias serviranos tamén para comprobarmos, máis unha vez, o uso deturpado dos topónimos de noso (A Coruña) e como a información científica adxetiva unha  visión do espazo xeográfico-político inconsistente e nesgada:

“España alcanzará una magnitud máxima de 0,80 en el extremo noroeste de la península, será de 0,63 en Melilla y de alrededor de 0,55 en las islas Canarias”.

Galiza aparece reducida a “extremo noroeste da península” mas o Observatorio Astronómico Nacional informa que  infelizmente Madrid non poderá gorentar do espectáculo ….#eclipse2015 “

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off