off
Cedeira, Cooperativismo, Economía, Meio ambiente — 16 Marzo, 2015 at 6:49 p.m.

Crónica anunciada dunha baixada de prezos da madeira

by

A baixada do prezo da madeira decretado por Ence amosa a insustentabilidade do modelo de explotación do monte baseado na produción forestal de troncos de eucalipto para celulosa


Ollaparo_plantacionseucaliptoQue o reto é procurar o equilibrio económico alén da industria da celulosa e apostar polo turismo, a agricultura e a pesca sustentables non debería surprender a ninguén.  Que o problema que se deriva de concentrar os usos do monte a esa industria papeleira conduciu o territorio ao monocultivo tamén non debería sorprender a propietarios e extractores do modelo exportador forestal de troncos de eucalipto para celulosa.  Galiza continua producindo madeira de baixo valor, só acto para pasta de celulosa, e ten que importar madeira de calidade. Un modelo que foi alentado pola Xunta do PP onde tradicionalmente estimularan a plantaciòn de eucalptitos para gaño do monopolio. Incluso regalaban os plantóns. A este modelo chámanlle en América “deserto verde” ( que por aló tamén anda implicada Ence).

A problemática baixada do prezo da madeira en 3,5 euros por tonelada vén a pór de relevo a distorsión sobre o potencial económico que temos realmente. A pesca e os servizos continuan a ser as actividades de traballo máis estables,  sendo tamén unha das zonas de desenvolvimento prioritario de parques eólicos, porén, a  producción de madeira de eucalipto monopolizan os usos do agro deturpando o noso herdo ecolóxico e aumentando a nosa dependencia alimentaria sen revetir, porén, en maiores cotas de ocupación e diversificación. Un síntoma é a baixa taxa de asociacionismo en Cedeira e na comarca, motivado pola falta de ocupación das actividade do agro e a xeral inestabilidade laboral. O patrimonio histórico, que podería ser coa paisaxe un atractivo turístico exclusivo da comarca continua soterrado no monte. Ao cabo, non se debería confundir a cooperación social  e a xestión comunitaria e cooperativa do ben común do territorio e da paisaxe coa simple xestión de propiedades. Porque é un ben de todos e non só dos propietarios.  Haberá quen retruque que o mercado é quen finalmente acaba por definir o que é rendibel e o que non. Unha achega válida mas non é a única.

E a quen beneficia todo iso? A continuidade da actividade monopolística reforza os intereses da multinacionais, quer dicer, as políticas forestais aplicadas pola Xunta lexitiman o monopolio e a concentración progresiva de terra en menos propietarios. Unha situación que se basa no mesmo modelo de promoción de plantacións de especies aptas para a industria da madeira en América latina, dende  Uruguai a Venezuela.

O caso é que o asociacionismo eucalipteiro está a poñer en causa o control monopolístico de Ence e a insolvencia da Xunta para arbitrar competencia, derivando malia as presións as súas reclamacións a Bruxelas. O  que se foi creando  è unha burbulla forestal por un monopolio de raiz e mentalidade autárquica e caciquil que é o verdadeiro dono do monte do litoral das Rias Altas, Norte de Portugal e parte de Asturias.

Un monocultivo que non viu reflectido o impacto medioambiental e paisaxístico en contraprestacións con valor engadido, como declarar a comarca madereira con vontade de se convertir nun polo productor, de formación e investigación  de novas tecnoloxías e usos da madeira de eucalipto .  Pola contra, malia o impacto do monocultivo de eucalipto non é este quen crea máis postos de traballo estables e ben remunerados, non xerando diversificación de usos nen especialización e engadindo a imaxe negativa que reflicte o plantado masivo de eucalipto para o turismo en forma de paisaxes deturpadas e incendios, mas continuando a ser unha actividade que non permite  reter a poboación. Pola contra, facilita que as persoas que non se adican abandonen o monte á inercia do monocultivo e de paso aos intereses das grandes trasnacionais da celulosa e o papel.  Segundo datos do IGE en Cedeira en 2013 non aparece ningunha empresa cooperativa e 327 teñen a condición xurídica de persoas físicas. Segundo dados da Consellería de Traballo e Benestar:

Por sectores de actividade
   Agricultura 28 28 1 2014 CT
   Industria 93 70 23 2014 CT
   Construción 78 68 10 2014 CT
   Servizos 270 86 184 2014 CT

O futuro ideal de Cedeira e Ortegal é un equilibro entre os diversos sectores económicos. A destrucción de bosques de ribeira e pradería e os poucos exemplares remanentes de souto en áreas de monte, ao que hai que engadir o aumento de despoboación do agro  e un altísimo nivel de desocupación que esa industria madereira non axuda a paliar. Pola contra, descoñécense en profundidade – ou non se queren coñecer- os seus impactos sociais e ambientais, as fontes de traballo locais que se perderon e as que se poderían ter xerado xustamente polos posibles impactos de ter o monte a monocultivo (empresas turísticas, horticultura orgánica, micoloxía, apicultura, hostelaria).

Paradoxo do asunto é que as mesmas asociacións que promoven a forestación con eucaliptos fuxen de representarse no eucalipto ainda que inzan todo del. Conviña, portanto, darlle as palabras, etiquetas e  actos o seu sentido …que as “feiras verdes” sirvan para algo máis ca promoción de “empresas verdes” no malecón e moito menos para agasallar de xeito cínico e inconsecuente baixo a “marca eucalipto”, plantóns de árbores autòctonas.

O equilibrio da comarca acadarase se se planifica pensando en grande,  lonxe dos localismos e dos intereses corporativos. A ría e a súa contorna e Capelada non se saben explotar a nivel turístico. E non se pode fechar o círculo se o territorio está abandonado á semente de eucalipto e piñeiro para consumo abusivo que acaba enchendo de papel os vertedoiros, secando as fontes e regatos, reducindo a diversidade biolóxica e  homoxeneizando a paisaxe  mais sendo incapaz de xerar postos de traballo á altura do seu impacto medioambiental. Nese sentido, farían ben os propietarios forestais en ir pensando no futuro e comezar a exixir a elaboración dun plan nacional para o desenvolvimento dunha industria da madeira non monopolística  e non baseada no monocultivo, que inclua un mapa do territorio segundo a súa biodiversidade e usos e que permita a xeración diversificada de madeiras e  productos delas derivado, que xere postos de traballo estabel para o que necesita o país e non as multinacionais, permitindo millorar as condicións de vida e retendo a xente no rural que é o que  a produción de troncos de eucalipto para celulosa non pode ofrecer. Lembremos que a actual Consellaría do Medio Rural paralizou os intrumentos que creou o Goberno Bipartido para o aproveitamento multifuncional do monte. Non podemos abandonar a loita pola sustentabilidade ambiental do territorio porque é a propia sustentabilidade económica das súas xentes. A costa galega é de cor verde monocromático e iso sempre terá  un prezo á baixa.

Ao mellor tamén che interesa:

O que os eucaliptos agachan

Unha plantación de eucaliptos estraga un xacemento romano en Riotorto

As pasteiras portuguesas Portucel e Celbi abandonan Galiza segundo un artigo publicado en ED

O prezo do eucalipto enfronta a Ence e propietarios forestais

Can’t see the wood for the desert

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off