Aproveitando dúas circunstancias que confluíron no tempo: que arrincaron un feixe de eucaliptos no monte Burneiras e que por fin o Domingo fixo sol, ocurreuseme subir ata o repetidor de Pantín e sacar unhas fotos a Vilarrube. A barra e as Cerdeiras, o bolo do medio e, ao fondo, Campelo de Esteiro e a Ponte do Puntal.
Que bonito
é ver o mar
que bonito
cando para el deixan mirar
… os alcolitros!