off
Ciencia, Galiza — 10 Marzo, 2015 at 10:15 a.m.

Eclipse total de sol o vindeiro día 20 de marzo

by
Máximo da eclipse en Galicia. Fonte: Xornal da USC
Máximo da eclipse en Galicia. Fonte: Xornal da USC

Galiza será o mellor punto da Europa continental para observar o fenómeno o vindeiro día 20 de marzo, data que tamén marca, en feliz concidencia a fin do inverno. Esta  eclipse será a máis importante en Galicia dende aquela espectacular anelar do 3 de outubro de 2005.

A eclipse comezará en Galiza ás 9:05 horas, acadando o máximo ás 10:09 e rematando contra das 11:18. O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC organizará no xardín unha sesión pública de seguimento e tamén será retransmitido por Misión Eclipse.

Precaucións. O director do Observatorio galego, JA. Docobo, advirte que deberán de “observarse coas debidas precaucións, , e ter especial coidado cos mais novos dado que ese día, curiosamente tamén o último do inverno, non será lectivo”

 

 

 

One Comment

  1. FACIA MOITO TEMPO QUE A PRIMAVEIRA NON NOS GUIÑABA O OLLO

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off