off
Galiza, Historia — 24 Febreiro, 2015 at 6:16 p.m.

Unha plantación de eucaliptos estraga un xacemento romano en Riotorto

by

Mariña Patrimonio e ADEGA alertaron ao Servizo de Patrimonio Cultural que no lugar da Muxueira (Riotorto- Lugo) estanse a levar a cabo labores de corta e plantación de eucaliptos enriba dun xacemento aurífero da época romana sen inventariar. O concello de Riotorto conta cunha presiña de explotacións mineiras de época romana, algunhas de gran espectacularidade e importancia. Na  Muxueira hai varias: un grupo delas conforman o que podería denominarse un complexo mineiro, formado por tres grandes trincheiras a ceo aberto: As Grobas, O Palo Ribeiro e  A Chousa do Baño. Esta última é a que se viu afectada polos traballos forestais.

Mariña Patrimonio
© Mariña Patrimonio

 

Abríronse novas pistas que infelizmente “están a modificar  a morfoloxía da antiga explotación aurífera romana. Este xacemento non está inventariado oficialmente polo que é un ben patrimonial descoñecido para a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural”. Só están inventariadas algunhas destas minas “nos concellos de Foz e Barreiros, pese a abundancia de xacementos deste tipo na zona oriental da Mariña”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off