off
Cedeira, Educação, Galiza, Movementos sociais — 26 Febreiro, 2015 at 11:46 a.m.

Greve nas aulas

by

Aulas fechadas, concentracións e marchas baixo a chuva, o resultado do segundo dia da greve de estudantes contra a reforma do 3+2 (tres anos de grau e un de master). A folga na defensa do ensino público mobiliza organizacións, colectivos de estudantes e profesionais do ensino  nunha mobilización na defensa do ensino público  perante o seu desmantelamento  logo das  políticas  do PP que veñen favorecendo dun xeito progresivo  as elites económicas, rematando asín co sistema universitario público tal e como foi concibido até agora: acceso universal ao coñecemento superior como peza clave da igualdade social e do desenvolvemento económico.

Asín se está a vivir a xornada de folga e de concentracións en Cedeira e Ferrol, con chamados  á loita e berros de “universidade, pública e de calidade”; os mozos e mozas protestan polo aumento das taxas que suporá o 3+2, xa que o prezo do master é máis caro que a matrícula dun curso de  grau.

greveensino-20150226-Ollaparo_6

Manifestación baixo a chuva na Praza de Armas de Ferrol
Manifestación baixo a chuva na Praza de Armas de Ferrol

[wzslider info=”true” lightbox=”true”]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off