off
Política, Politica espanhola — 25 Febreiro, 2015 at 1:19 p.m.

Olaia F.Davila espétalle a Rajoy que “o seu goberno só estivo obsesionado en resgatar á banca”

by

Fernández Davila lembroulle que “o seu goberno foi nulo e incumpridor con Galiza…entregando nunha “operación de desfeita” as Caixas, os aforros e o poder financieiro dos galegos, vendéndoos a prezo de saldo ao sector privado e aos oligopolios. 


Na  súa intervención no debate de política xeral do Estado #DEN2015 no debate de política xeral do Estado a deputada do BNG, Olaia F. Davila, deputada do BNG, espetoulle a Mariano Rajoy que “o seu goberno só estivo obsesionado en resgatar á banca e en reducir o déficit para o que non dubidaron en endebedar o Estado e en elaborar un duro paquete de recortes sociais” que obrigou á sociedade civil á permanente mobilización en contra de políticas inxustas que provocaron máis paro, a máis dos dous millóns de persoas que tiveron que emigrar do conxunto do Estado. Mobilizacións por desafiuzamentos, preferentes, pensións de emigrantes retornados, recortes sanitarios, etc ás que se sumou o BNG para tentar frear a desfeita. Unha resposta social lóxica e lexítima que o  goberno do PP criminalizou e reprimiu e que logo tentou eliminar coa chamada Lei Mordaza.

 “…vostede [a Rajoy] é responsabel de que o 66% da poboación do Estado se atope en perigo de exclusión segundo un informe de Cáritas e de que só o 34% viva en condicións sociais de integración social plena cando en 2007 a cifra ascendia ao 50% e que o index de pobreza infantil sexa dos máis grandes da UE só superado por Romenia. Ao remate desta lexislatura Sr.Rajoy vostedes deixarán un panorama desolador.” acrescentou Fernández Davila.

Fronte ao “austericidio” do PP  Fernández Davila contrapuxo as alternativas do BNG, como aumentar os ingresos a través dunha reforma fiscal máis progresiva, con novos impostos ás grandes fortunas e ás transaccións financieiras, un sistema máis equitativo que grave máis ás rendas máis altas.

Dereitos

A deputada lembroulle que en Galiza foron 120 millóns menos nos últimos dous anos, eliminando de facto a Lei de Dependencia, e que a súa reforma laboral foi a causa da precarización do traballo. Tamén tirou das cifras, 57.000 empregos en Galicia en relación a antes de aprovarse a lei de reforma laboral, visando que a creación de traballo da que presume Rajoy é precario, inseguro e de baixos salarios, aumentado a fenda salarial incidindo especialmente nas mulleres que viron como se recuaba en en condicións laborais e de igualdade.

” ten este goberno o privilexio de ser o promotor da nova emigración que especialmente afecta á xuventuda como a galega, moz@s con alta cualificación, científicos que emigran procurando oportunidades que o seu goberno lles nega”

 

Comunicacións

Retrucoulle que o goberno do PP practicou a propaganda en todos os orzamentos xerais “inflando as partidas destinadas a investimentos  no noso país que non se executaron, no 2014 por exemplo só se executaron nun 40%”.

“En troca dun AVE que nuncha chega, paralisado en varios treitos e ao que rebaixaron condicións, sofremos o desmantelamento da nosa rede interior, a saturación e o prezo abusivo en media distancia e a inexistencia de cercanías “

 Navantia

“As condicións de contrucción naval xa sen o veto en Fene sigue a estragarse, a industria auxiliar agonizando e a situación económica e social de Ferrolterra con máis dun 34% de paro é insustentabel mentras vostedes siguen sen conseguir cárrega de traballo e continua a ollar para outro lado”

Sector Lácteo

“Segue agardando que se lle garanta un prezo xusto do leite en orixe. O leite galego valería 30 millóns máis de euros se pagaran os mesmos prezos cá no resto do Estado”

Pesca

“O sector pesqueiro do litoral foi obxecto de permanentes reduccións de cotas que impeden que a pesca poda ser rendíbel.Só despois de que o BNG e o sector informaran a Comisión de Pesca da UE  da inxustiza de prohibir a arte do xeito cando este goberno estivo disposto a actuar.” Engadiu tamén que seu goberno ten deixado en “situación de indefensión” ás conserveiras fronte a competencia desleal pola elimación de aranceis.

 Xestión do Alvia

Reclamoulle xunto coas víctimas e os seu familiaries unha Comisión de investigación do Alvia xa !

Lingua

Expuxo que “a Xunta ten levado a situación da lingua galega a unha situación de hai 40 anos contribuindo a unha desvalorización do idioma propio impedíndolle aos cidadáns exercer os seus dereitos lingüísticos máis fundamentais recentemente na Delegacióndo Goberno na Coruña”

Acabou por lle espertar – verbo da continua invasión de competencias galegas- que “canto máis teimen en non recoñecer a plurinacionalidade do Estado máis teimarán os nacionalistas galegos en defenderen a identidade  e dereitos da nosa nación, Galiza”

Corrupción

Mais unha vez, lembroulle o “vergoñoso” cadro de corrupción que preside o seu mandado, exixindo que actue nesta cuestión se non quere ser cómprice da mesma. Rematou a intervención esperando que non repita nin Rajoy nin o seu partido.

 [youtube]https://www.youtube.com/watch?v=99H18LO35_U&feature=autoshare[/youtube]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off