off
Normalización lingüística, Ollo ao gato, ollo ao prato — 20 Febreiro, 2015 at 8:21 p.m.

Os medios en castelán reciben nove veces máis cartos da Xunta cós xornais en galego

by

Nove veces máis en axudas para os medios en castelán que para os que empregan o galego. A Xunta destinou 1.675.000 en 2014 para os xornais dos grandes grupos, mentres que repartiu algo menos de 182.000 entre os xornais integramente en galego por utilizar esta lingua, tal e como denuncia a Asociación de Medios en Galego.xornais_cast_ollaparo

“Unhas axudas en galego da que tamén se beneficiaron os grandes grupos de comunicación con centos de miles de euros por utilizar, tan só, o 6% do galego en todo o medio”, afirman.

Tal e como lembran, PSdeG, AGE e BNG apoian unha proposta de Lei de Publicidade Institucional desta asociación para “prohibir os convenios pola súa evidente arbitrariedade e que se reserve unha parte do orzamento das campañas publicitarias para medios en galego”. (Segue a ler…)

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: