off
Meio ambiente, Opinião, Política — 16 Febreiro, 2015 at 11:23 a.m.

Por unha tarifa eléctrica galega

by

Parque_eolico_Capelada
Xornada aberta organizada polo Bloque Nacionalista Galego na procura de socializar a teimuda proposta da organización nacionalista ao longo dos últimos anos:  “Por unha tarifa eléctrica galega”, aínda que menos coñecida por pouco mediática sobre todo cando a maioría dos medios pertencen á “caste”, a caste de oligarcas asentados fora de Galiza e que exercen de donos dos nosos recursos, donos dos nosos rios donos do noso vento, esa caste que sempre desprezou o idioma galego.Galiza Produce, Madrid Consume… e non precisamente é o “precariado” madrileño quen consume e se beneficia deste espolio, senón a mesma caste de oligarcas sen escrúpulos que especulan coas vidas das persoas. Fronte o espolio eléctrico o BNG pretende analizar esta situación indignante de pobreza enerxética e carencia de soberanía nestas xornadas abertas e amosar alternativas de enerxía democrática desde Galiza
[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=CT1PydQdsjw[/youtube]
[youtube]http://youtu.be/ll18PlhgpIs[/youtube]
off