Entre 20 e 25.000 persoas, corpo a corpo, percorren as ruas de Compostela na convocatoria de Queremos Galego reclamando o cese do acoso á lingua galega e a execución de políticas que aseguren a súa transmisión xeracional.
[wzslider autoplay=”true” transition=”‘flash'” lightbox=”true”]
Por que ainda manifestacións a favor da lingua de noso na era de internet? Por que ainda revisitarmos este ritual que semellaba propio da cultura política de outrora. Será porque é unha das formas con máis forza de expresión política. Manifestan, proclaman,transmeten mensaxes, mas tamén dan feitura a novos suxeitos e linguaxes políticas.
A filósofa Judith Butler fálanos da política de rúa ( street politics ), após da experiencia Occupy Wall Street. O que Butler nos vén dicir é que as manifestacións son poderosas porque en xeral, están a chamar a atención e levantan cuestións fulcrais que son arrombadas pola realpolitik e as representacións mediáticas máis dominantes.
Cal é a situación dos dereitos lingüísticos no estado español e na Unión Europea ? Teñen algunha obriga o resto dos europeos perante a situación lingüística en Galiza?
O que hoxe percorreu as rúas de Compostela foron mil primaveras máis para a lingua galega. Milleiros de galegas e galegos que afirmaron querer galego.