off
Agro, Galiza, Opinião — 6 Febreiro, 2015 at 10:05 a.m.

A FRUGA denuncia ineptitude da Xunta após perder 4’9 millóns de euros de fondos da Comisión Europea

by

PicsArt_1423184851831A Federación Rural Galega (Fruga) ven de denunciar a ineptitude da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, organismo encargado de promover e coordinar o desenvolvemento rural da Galiza e que ven de provocar a perda de 4,9 millóns de euros procedentes dos fondos FEADER da programación do PDR 2007-2013.

A perda destes fondos ven provocada por non facer uso dos mesmos nos dous anos posteriores á anualidade a que correspondían. Este diñeiro corresponde á anualidade de 2012 e tiña de ser usado antes de que rematara o ano 2014.
A Fruga ven de observar que esta falta de dilixencia na función de coordinación entre os distintos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs) que figuran na definición de AGADER só se explica pola ausencia deste organismo ausencia e irresponsabilidade por incompetencia que levou a perder 4,9 millóns de euros ao rural galego.

Desde FRUGA, supoñen que en AGADER deben pensar que o rural galego vai sobrado de cartos.

Informa tamén a Fruga que o pasado 11 de novembro a Comisión Europea remitiu á Xunta da Galiza un documento titulado “Observacións sobre o Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza”, por medio deste a Comisión devolveu o PDR presentado pola Xunta, para período 2014-2020, alegando 418 observacións.
Desde a UE notificáselle á Xunta de Galicia que a elaboración do PDR ten de ser consensuado coas organizacións sociais que actúan no mundo rural.

Este é un PDR que impediu a participación dos axentes sociais do mundo rural, que non tivo en conta na elaboración a participación dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs) do anterior período, e porque na proposta do PP, asínaselle un papel case que exclusivo ás administracións públicas locais en prexuízo das entidades asociativas de base.

Mas tamén llo devolveu a Comisión por trosmas, adxunta a federación rural entre as asneiras destacadas dende Bruxelas as que se refiren á “falta de coherencia, por ofreceren cifras distintas para os mesmos indicadores” ou que “hai que mellorar a presentación do programa e evitar repeticións”.

Desde FRUGA demandan da Consellería do Medio Rural e do Mar respecto polas normas democráticas de participación dos axentes sociais do rural e “esforzo” en non perder o diñeiro que necesita o rural galego.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off