off

Edificios como armas

by

O arquitecto israelense Eyal Weizman explica o papel determinante da arquitectura na ocupación israelí de Palestina e da evolución da guerra urbana.


Nunha viaxe a través dos asentamentos e estradas de Cisxordania e ao longo do muro de separación, o arquitecto israelí Eyal Weizman demostra como a arquitectura é fulcral  para a ocupación israelí de Palestina.

“Arquitectura e do ambiente construído é unha especie de lenta violencia. A ocupación é un ambiente que se argallou para estrangular as comunidades palestinas, vilas e cidades, para crear un ambiente que sería inhabitabel  para a xente”, di Weizman.

“As armas e municións son elementos moi simple: son árbores, son terrazas, son casas. Son barreiras. “, afirma Eyal Weizman

Israelís e palestinos locais explican como se sinte ao vivir nunha paisaxe onde todo,  muros e estradas, terrazas e sumidoiros dos asentamentos están deseñados para garantir a separación entre os dous pobos, mantendo simultaneamente a vixilancia e o control. Unsoldado israelense berra sen que o poidamos ver mas  audíbel, dende o alto da torre: “Non se aproxime!”

Weizman resposta: “Por qué? É este lugar seu? É lugar de todos. É o bunker  a sua casa? Non é mesmo a sua casa, o bunker no que vostede está sentado é quen me está a dicer o que facer. ”

O traballo de Eyal na arquitectura de ocupación levouno a comprender o papel da disciplina na guerra urbana moderna. Visitando  Nablus e Jenin,  explica como o exército israelí foi pioneiro dunha nova especie de guerra urbana moderna a través da súa profunda comprensión da arquitectura.

Porén, Weizman atopou un xeito de resistencia baseado na arquitectura. O seu último proxecto, Arquitectura Forense, é o xeito de converter as feridas militares dun edificio en evidencia  contra o Estado na investigación de crimes de guerra, coa axuda de inovadoras tecnoloxías arquitectónicas e visuais.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off