off
Política local — 28 Xaneiro, 2015 at 6:03 p.m.

Vergara non será candidato

by

O que fora alcalde, portavoz e responsabel local do PSOE no Concello de Cedeira vén de anunciar na imprensa orgánica que non volverá optar a vergara_ollaparoalcaldía. Malia tratarse do anuncio da súa renuncia persoal, facendo da necesidade virtude, o portavoz municipal do PSOE expresou en plural maiestático que “sempre estivemos no mesmo sito, nin para gañar cartos nin para enriquecernos”.Estamos en campaña eleitoral.

Na declaración non debullou  quen será o candidato do PSG-PSOE (Pérez Riola é o  novo responsabel desde novembro de 2013) e reivindicou o “peso da palabra e o traballo feito” malia o coñecido desencontro estando na oposición coa plataforma cívica Somos Cedeira e a esquerda nacionalista no intre en que estas abriran un espazo non tutelado de crítica e resposta cidadá perante a inoperancia do goberno local do PP fronte a desfeita da praia da Madalena e os verquidos da depuradora no río Condomiñas.

O seu mandado xa fora polémico porque podendo reverter os  servizos privatizados con Aquagest e Celtaprix non o fixo, alentando algunha “externalización” (Vodafon) e outros proxectos.  Defendeu deitar area de canteira na praia e mesmo entullar con restos da construcción para facer “dunas” artificiais. Tamén colaborou nas homenaxes aos represaliados asturianos na antiga fábrica de salgadura de Cedeira e á corporación municipal asasinada polo bando franquista durante a Guerra Civil.Vergara vaise. Certamente, estamos en campaña eleitoral.

 

4 Comments

  1. Foi un bo comenzo o de Xosé Luis sobre todo aquel fin de semana adicado a por en valor a Serra da Capelada entre outras iniciativas… como a administración electrónica, un certo esforzo pola normalización do galego. Hai que recoñecer que tampouco foi doado gobernar dadas as circunstancias e aquel pacto da Capela tan alleo ás decisións
    das asembleas locais das organizacións quen representaban, feito que no socio que foi o BNG através do seu canadidatado acabou sendo unha constante…en fin prefiro non volver atrás e nin lembrarme xa do Lesly Howard. Recordo perfectamente cando o séquito do fachorro do autor chegaron a visitar o concello logo de deixalo a representación de QUEREMOS GALEGO na que estaba presente. A eles trouxèronlles até un embaixador de Escocia e fixeron un monumento a unha historia incerta namentres a nós déronnos unha palmadiña nas costas e un “a seguir loitando” co ben que viñan 300 euros para un autobús a Compostela e algún pequeno acto institucional… calquer detalle. O certo que Queremos Galego continua a pesar do afogue económico que nos someteu o PP e o PSOE por igual nos concellos. A Mesa está aínda arrastrando pagos pola loita xudicial contra Paco Vazquez e o PSOE de LA Curuña precisamente por defender a legalidade e que nos levou uns 80.000 euros…

    pero estas son outras historias.

    Si é certo tamén deu unha certa calidade tanto no goberno e oposición, e certo tamén que é unha “rara avis” dentro do PSOE, pero tamén é certo que o seu pior erro e que leva décadas na organización política equivocada. Onte fixo 35 anos do asasinato de Yolanda Gonzalez por fascistas en Madrid, o seu asasino Emilio Hellín Moro segue hoxe a traballar e cobrar para a fontanería do estado e tanto serveu ao PP como ao PSOE do Mr X (o axente dos servizos segredos dos USA en España, Felipe González) , nin che conto dos milleiros de torturados en “democracia”. Decididamente é un bo momento para reflexionar que non é o mesmo que flexionar os xeonllos.
    Sorte a Vergara, e unha aperta Antón

  2. Antom Labranha

    Entendo o que dis e ata me parece que entendo o que sintes.
    Creo que o da “reserva mariña” si que o impulsou Vergara. E digo isto sen ánimo de atribuírlle protagonismo, que eu son dos que pensan que sempre que hai uns poucos collendo presadas de peixe é porque hai uns moitos que tamén están tirando da rapeta.

    A respecto de se é ou non o adverso panora político para o PSOE o que determina a súa renuncia a ser candidato -certamente non o sei, pero non o creo.

  3. Quen se esforzou na crítica aos ‘outros’, tamén en manipular ou reventar sumas progresistas bastante recentes tamén merece a critica. Mal o final del dende logo.
    Tamén me pregunto onde anda esa progresía local solidaria cando hai que sumar forzas para defender un futuro digno para a praia e reserva (mas ben poucas e honradas excepcións e moita comenencia tamén neses mundos), onde se xuntan?. Pregúntome tamén si foi que onte era máis cautivador o feito de candidatarse á alcaldía estando Xunta e Deputación da Coruña en mans do bipartito (este si foi un bo goberno coas súas contradiccións) e a presidencia do goberno en mans socialistas, ademáis de un Cedeirense de deputado polo Psoe no congreso. Veñen tempos de cambio e namentres só vai frio para quen se compromete nestes tempos sombríos. Boa sorte de calquer xeito a Vergara e sintóo Labranha pero con honradas excepcións a progresía estudada de Cedeira transmutouse en fidalga e xa non canta aquilo do Silvio… ‘viva el harapo señor y la mesa sin mantel, viva el que huela a callejuela a palabrota y taller’

  4. Antom Labranha

    Amigo Olláparo, non sei se o repetido “Estamos en campaña eleitoral” vai con retranca. Ou seino?

    En calquera caso dicir que os resultados das últimas municipais en Cedeira mostran que Vergara fixo unha xestión entre aceptable, boa ou moi boa para a maioría dos votantes de centro-esquerda deste concello.

    Persoalmente, creo que todo é mellorable e el mesmo, caso repetise -porque o pobo así o decidise- realizaría unha xestión máis eficiente.

    Con isto non quero dicir que non haxa noutras formacións política persoas capacitadas; claro que as hai. Non só son válidas as persoas que pensan de maneira idéntica á miña, eu tamén me equivoco ás veces, quizais demasiadas.

    Por suposto que tedes dereito a criticar. Con todo, penso que sen el, mesmo for de concelleiro, perde Cedeira.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off