off
América, Europa, Mundo, Política, Politica internacional — 20 Xaneiro, 2015 at 10:35 a.m.

The Times: “Os presos perigosos serán desposuídos dos dereitos humanos”

by

times_Ollaparo_2015_01_20Tamén sospeitosos de terrorismo, criminais e inmigrantes ilegais serian impedidos de exercer os seus dereitos humanos como  “saír da cadea”  se prosperara  un proxecto de lei  Tory. Un proxecto de lei elaborado por altos xuristas conservadores que ignoraría as sentenzas do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, en Estrasburgo, prohibíndolles votar, facer parte dun sindicato  e restrinxindo as penas.

Segundo os xuristas conservadores trataríase de evitar a deportación a través do  dereito á vida familiar que contempla a Lei de Dereitos Humanos. Velaí a precipitación que producen as leituras simplistas e ideoloxizadas que tenden a centrar o debate apenas nos límites da seguridade e a liberdade logo do atentado  terrorista a Charlie Hebdo do  7 de xaneiro que conmoveu a sociedade europea obviando, entre outros aspectos, o debate sobre os modelos de políticas públicas desenvolvidas na Europa para responder aos importantes fluxos migratorios internacionais das derradeiras décadas.

Cando se goberna a través de políticas restrictivas que provocan exclusión e separación das persoas emigradas respeito á poboación autóctona é doado derivar cara a vulneración dos dereitos humanos sob o apelo á seguridade.

 

One Comment

  1. maría garcía

    Moi boa a ilustración fotográfica da nova. Xa era hora de que o conservador The Times comezara a considerar “individuos perigosos” ós parásitos da monarquía…

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off