off
Cedeira, Meio ambiente — 30 Xaneiro, 2015 at 1:56 p.m.

O noroeste castiga a Madalena

by

Meteogalicia anunciara ondas do noroeste por riba dos 5 metros en todo o litoral. Ventos forza 7-8 no litoral norte  virando á noite a noroeste con refachos de atés 100 quilómetros por hora. Alerta laranxa. O forte oeste e o ar de fondo do noroeste, con ondas de 6 a 7 metros á mañá ( 5 a 6 metros á tarde e 5 a 7 metros á noite ) acabaron por deixar mais unha vez a súa pegada na vulnerabel faixa dunar da Madalena. Quedou ao descuberto outro treito de valado e comeza a curvarse. Segue esborrallando area do alto do cotarelo e o noiro está a acadar unha altura espectacular. A vindeira semana continua o temporal.

[wzslider autoplay=”true”]

One Comment

  1. Antom Labranha

    Supoño que non collerá a ninguén de sorpresa. Creo que todos esperábamos que o valado quedase ao descuberto coas primeiras marexadas.
    O sistema de puntóns utilizáse en moitos sitios porque petrifican coa area na auga salgada (é un proceso de transformación dos átomos de carbono en silicio e viceversa).
    Poido entender que se utilizase no Areal como unha medida de choque pero, entón, Cales son as outras medidas, as que pretenderían unha solución definitiva?
    Ou non había nada máis?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off