off
Editorial, Literatura — 16 Xaneiro, 2015 at 1:43 p.m.

En 2014 Carlos Labraña acadou os premios Estornela e O Facho de teatro

by

Carlos Labraña non para de acadar recoñecemento no eido do teatro infantil.  Por segundo ano consecutivo o cedeirés gañaba  o premio de teatro da Asociación Cultural O Facho con “Moito morro corporation Sociedade Ilimitada”. E xa rematando o ano, no mes de decembro fallábase o VIII Premio Estornela de teatro para miud@s que organiza a Fundación Xosé Neira Vilas, outorgándolle a A pequena compaña  o galardón. O Estornela de teatro está direccionado a “estimular a creación teatral e de proporcionarlles a nenas e a nenos obras que se poidan representar” e, a máis da cantidade económica estipulada, publica a obra na editorial Embora.

O xurado suliñou a  “perfecta caracterización dos personaxes, a tensión dramática e o vibrante ritmo narrativo” da obra gañadora, así como “o adecuado emprego do léxico e o recurso á tradición galega e á mitoloxía clásica”.

A máis da cantidade económica estipulada nas bases do concurso, Labraña verá publicada a súa obra na editorial Embora. Ademáis da obra gañadora, o xurado quixo salientar os traballos As terapias da doutora ledicia, de Raquel Castro Martínez; e As aventuras de Odiseo, de Xosé Luna Sanmartín, con cadansúa mención de honra.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off