off
Cedeira, Meio ambiente — 27 Xaneiro, 2015 at 7:49 p.m.

Adeus praia, adeus piñeiros

by

Non eran árbores centenarias mas eran maduras, tiñan corenta anos. Case os mesmos ca escola Nicolás del Rio. E como ela foranOllaparo_fotonicolasdelrio_cedeira plantadas en plena zona dunar  ao pouco de ser inaugurado o edificio no ano 1972-  nun intento de acubillar o patio da nordestía co seu valado arborado e que axudaran a plantar na altura os nenos e nenas que daquela eran os primeiros alumnos do centro escolar.

Seica a procesionaria dos piñeiros campaba por todo espazo de lecer provocando urticarias e alerxias nas crianzas. Debían estar todos afectados porque non quedou nin un.

Agás os monocultivos de eucaliptos, as árbores non teñen sorte na vila e terra de Cedeira. Non contamos con ningunha fraga, apenas  cultivos silvícolas de ciclo curto onde antes había soutos e bosques de ribeira. Ao despropósito de edificar unha escola sobre o areal sumouse a planta de piñeiros nunha zona pouco propicia que non tivo en conta a vexetación dunar. Un areal que foi colonizado e que hoxe o mar teima en recuperar. Os piñeiros foron perdendo as polas pola seca e o salgado.

O centro urbano de Cedeira leva varias cernas indiscriminadas, de VillaMexico ao Parque Floreal. Desta vez a cerna disque foi por motivos fitosanitarios. Mais se algo hai que tirar da tala de piñeiros do patio Nicolás del Rio é que o o importante é conservar a integridade do medio. Non só por motivos éticos e sentimentais,  porque un ecosistema é moito máis que árbores, é un sistema complexo que acaba por ser moito máis resistente a agresións como as plagas de procesionaria, o nematodo do piñeiro e os incendios. Certo é que esa ringleira de piñeiros estaba onde non lle tocaba-como os abafantes monocultivos que nos arrodean- e non tiña un biotopo asociado e por iso tamén foron esmorecendo.

[wzslider autoplay=”true” transition=”‘slide'” info=”true”]

Os nenos e nenas que están a formarse nas aulas do Nicolás del Rio só saben das fragas e das carballeiras, dos soutos e bosques de ribeira polas enciclopedias e os documentais da tele. O pior é que acaban identificando superficies forestais con bosques.

O Concello de Cedeira, pola súa banda, teima na moda de “humanizar” a vila cementando, sen plantar árbores nas beirarúas ou nos parques e permitindo a cerna e a plantación indiscriminada de especies impropias do clima atlántico. A ampliación do Nicolás del Rio nunca debeu facerse nesa ubicación. Quizais seria o momento de ir pensando en sacar a escola de aí e levala para a zona do Instituto. Para recuperar ese espazo trasdunar. Ou iso ou que siga medrando o deserto. Conciencia medioambiental, u-la?

Ao mellor tamén che interesa:

A degradación do patio da escola Nicolás del Río

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off