off
Europa, Movementos sociais, Politica internacional — 26 Xaneiro, 2015 at 1:56 p.m.

Quen son os “Gregos Independentes”, o partido que vén de pactar para gobernar con Syriza?

by

O partido de dereitas que vén de pactar en menos dunha hora con Syriza para conformar o próximo goberno na Grecia partilla coa “esquerda alternativa” a oposición aos recortes.


A formación política  “Gregos independentes” é unha escisión de de Nova Democracia, o principal partido conservador grego, nado en febreiro de 2012. Panos Kammenos, o seu lider, fundou o partido logo de ser expulsado de Nova Democracia por ter roto a disciplina de voto nunha moción de confianza e opoñerse ao executivo conservador Lukas Papademos (unha ideoloxía homologabel ao UKIP británico).

Nas primeiras eleccións ás que se presentaron, as de 2012, acadaron o 10,6% dos votos e dende aquela o seu apoio foi baixando. Tamén en 2012, cando se repetiron as eleccións, acadaron o 7,5% de votos e nas eleccións de onte baixou ao 4,7%.

Nas eleccións ao Parlamento Europeo do ano pasado  chegaron ao 3,5% de vots, acadando un eurodepudo que está integrado no  grupo dos Conservadores e Reformistas Europeos onde estan os  ‘tories’ británicos e Alternativa por Alemania.

Co acordo, que é o pior escenario para as bases de  Syriza, Tsipras disporá de mans libres para negociar coa ‘troica’. A outra posibilidade,  o pactar co centro-esquerda de To Potami [O Rio], tería sido dificil xa que defende  un programa neoliberal e reclama evitar calquera embate cos creditores internacionais da Grecia.

Mália o abismo ideolóxico en temas clave como a inmigración, a homosexualidade  ou a separación igrexa-estado,  o acordo acadado vén demostrar que Tsipras está a respostar á expectativas de “pragmatismo” que lle atribuían. Os nacionalistas de dereitas  sumaran co apoio ao goberno de 13 deputados, unha maioria ampla para Tsipras.

Como é posibel que da noite para o dia a “esquerda alternativa” fora capaz de pactar só en termos económicos cando irá de brazo dado dun socio que leva no seu programa social axudas só para os gregos, non ao matrimonio homosexual e a relixión oficial ortodoxa?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off