off
Cedeira — 23 Xaneiro, 2015 at 3:44 p.m.

Tómannos por parvos

by
Pasou xa tempo  dende a privatización do servizo de limpeza en Cedeira. Atrás quedaron as limpas ruas, tan importantes para o turismo e ainda máis para comprobarmos  que o patrimonio é respeitado. Porén a situación mudou, precipitando nun sumidoiro de merda (e non me refiro aos residuos). O feito de deixar a limpeza en mans dunha empresa privada produce a emigración dos fondos públicos (medio millón de €) cara un lucrativo destino alleo a Cedeira. Manter limpa unha vila debería ser unha responsabilidade compartida entre a cidadanía toda e o servizo municipal público de limpeza.
Como se podería esperar, ese feito non provocou máis que desgrazas e calamidades entre os traballadores da limpeza. Nin as baixas nin as vacacións son substuidas e o convenio carece de lei e  forza, véxase, por exemplo, a contratación no posto de encargado a unha persoa sen coñecemento ningún do oficio. Este veleno consíguese seguindo unha receita con tres ingredientes moi doados de atopar: a falta de interés do concello en resolver os problemas, a cumplicidade do sindicato, e a docilidade da oposición. Os tres mesturados derivan nunha nube de corrupción, apatía e neglixencias, resultando un empobrecemento do que debería ser o mantenimento continuo e o  respeito ao medio, para que todos poidamos desfrutar dunha vila limpa.
 Tómannos por parvos, por pouco tempo…
Tags

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: