off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola, Redes sociais — 21 Xaneiro, 2015 at 4:35 p.m.

Anonymous piratea o web da Hermandad del Valle de los Caídos mofándose de Rajoy e Bárcenas

by

Os activistas La 9 de Anon penduran unha imaxe manipulada da Criazón de Adán da Capela Sixtina, mudando a faciana  de Deus pola de Bárcenas e a de Adán pola de Rajoy.


anonymus_Ollaparo_21_01_2015La 9 de Anon, un grupo de activistas informáticos, per pertence a o movemento Anonymous,pirateou o web da  Hermandad del Valle de los Caídos  mofándose de Rajoy e Bárcenas. Mudaron a capa da páxina e engadiron unha imaxe manipulada da pintura de Miguelanxo, A criazón de Adán dos frescos da Capela Sixtina.

O texto mófase dos dous e vencéllaos a Francisco Franco lembrando asín que un outro activista pirateu a páxina hai dous ano. Nunha nota no Facebook  os activistas din que comezaron o ano “estrenando a lei mordaza e acometen o primeiro acto terrorista cibernético espindo a Rajoy”. Tamén no Twitter

“Mariano Rajoy i Luis Bárcenas confirman a peregrinación ao Valle de los Caídos en agradecemento ao ‘caudillo’, o seu  mentor e  inspirador político”, afirman os activistas nun texto intitulado sob a imaxe, mofándose do presidente español e do extesoureiro do PP encausado por corrupación que pode sair do cárcere se paga unha fianza de  200.000 euros. A  profranquista Hermandad del Valle de los Caídos preséntase no seu web como un grupo fundado contra 1984 por “españois identificados cos motivos que deron orixe á criazón dun monumento como testemuño da lamentabel e dolorosa Guerra Civil que enfrontou os españois entre 1936 e 1939”. Está presidida polo opudeista Luis Fernández  Suárez, historiador de extrena dereita vinculado á Fundación Francisco Franco,  procurador en Cortes durante a ditadura franquista e autor da entrada biográfica sobre Franco no Diccionario Biográfico Español, da Real Academia de la Historia (2011), na que mostra un favorabel posicionamento ao biografado.

Nesta páxina podedes ver como era a páxina antes da intervención.


Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off