off
Movementos sociais, Política — 15 Xaneiro, 2015 at 10:45 a.m.

Acordo en Catalunya para celebrar as plebiscitarias no outono e con listas separadas

by
2012-09-02 11.59.27_TossadeMarO proceso soberanista catalá estaba a sofrer até onte o desencaixe de estratexias partidistas. Artur Mas (CIU) e  Oriol Junqueras (ERC) acadaron in extremis un acordo para refacer a unidade e poñer data¡. O  27 de setembro  serán eleccions anticipades que serviran para debullar, definitivamente, se  o horizonte da independencia é o desexo maioritario do pobo de Catalunya. O pacto alicerza en cesións mútuas, para que haxa eleccións anticipadas. Con listaxes diversas ainda que un mesmo roteiro nacional que se incorporará aos respeitivos programas eleitorais.
Mas afirmou que  “o fracaso tería sido o desacordo. O pacto de unidade ten sido refeito para continuar o proceso político de transición nacional e para levalo até a victoria. O obxectivo é chegar á victoria. O que querían os nosos adversarios era un clima de confrontación”. Dende a sociedade civil, nunha entrevista a TV3 a presidenta da Assemblea Nacional Catalana admiteu que o soberanismo tiña “desinflado” porén afirmou que agora é o momento de xunguir forzas logo do acordo de Mas e Junqueras para as plebiscitarias  o 27-S.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off