off
Ciencia, Galiza, Língua, Normalización lingüística — 12 Xaneiro, 2015 at 7:22 p.m.

Poden as matemáticas predicir a morte da lingua galega?

by

modelomatemático_galego_OllaparoUn estudo publicado  por Daniel Abrams e Steven Strogatz  en Nature  en 2003 (“Modelling the dynamics of language death”) describía un modelo matemático da dinámica que siguen duas linguas cando conviven nun mesmo territorio, a partires dos dados de falantes da cada lingua nun comprido período de tempo. No modelo Abrams-Strogatz  só se teñen en conta falantes monolingües nunha comunidade considerada homoxénea, é dicir, con contactos a través de toda a comunidade, sen variación xeográfica ou doutro tipo.O resultado máis destacado é que o parámetro s, é dicir, o prestixio dunha lingua, é o máis relevante para a súa evolución”, segundo explica Johannes Kabatek(Universidade de Tubinga)  nun artigo da revista Estudos de  lingüística galega 4 (2012): 27-43. Por outras palabras, o modelo predí —e esta é a hipótese forte da que parte— que non poden existir sociedades bilingües estables, é dicir, que segundo ese modelo non existe o chamado “bilingüismoharmónico”

Baseándose neste modelo dous físicos da Univesidade de Santiago de Compostela, Angel Paredes e Jorge Mira, analisaron o futuro do galego con dados do período comprendido entre 1875 e 1975,  fornecidas pola Real Academia Galega. No século XX, as persoas que só falaban galego diminuiu moito, o bilingüismo aumentou moito. Portanto, segundo este modelo, o idioma galego acabaría por se extinguir. Moitos son os factores que afetan a evolución de duas linguas que conviven nun mesmo territorio: o estatus de cada unha, o número de persoas que as falan, a semellanza entre delas, que unha sexa fraxil, ainda que falada por moita xente ou que sexa forte e con poucos falantes. Segundo este modelo, a longo prazo chégase a unha estabilización que pode implicar a extinción dunha delas, como supostamente acontecería coa lingua galega. Segundo a revisión de Mira/Paredesz, o bilingüismo estable  é posible, porén, o factor do que depende isto é a similitude entre as linguas. Ainda que como lembra Kabatek, “todo isto non está nos datos: os datos unicamente visualizan que xurdiu un grupo de bilingües e que o grupo dos monolingües galegos diminuíu.Nada máis. Todo o resto é interpretación”.Circularidade.

En 2010 outro estudo describía un modelo matemático que predicía o futuro dunha lingua minoritaria tendo en conta  tendo en conta variabeis como as intervencións para protexela., Como a afectan, entre outras, as intervencións privadas por aumentar o estatus da lingua e promocionar o seu aprendizado individual, intervencións públicas para acrescentar o seu uso e o seu uso veicular no ensino na escola.

En 2011, unha versión ampliada deste traballo foi publicado por J. Mira en colaboración con L. F. Seoane e J. J. Nieto na revista en liña alemá New Journal of Physics, presentouse un traballo máis pormenorizado, que insería suxestións ben  interesantes, como a de ter en conta alteracións da situación inicial ao longo dun proceso (por exemplo, variacións do índice de nacemento ou cambios de prestixio) ou a de diferenciar espazos ou modelar axentes en vez de sistemas

Este modelo sinala que é posibel conservar unha lingua minoritaria, porén, fan falla intervencións continuadas. O mapa europeo de linguas en perigo de extención mostraba que hai vintecatro -entre as que non aparece o galego. Polo feito de convivir cunha lingua que ten o aparato de estado ao seu servizo, só unha política de protección destas linguas pode impedir a súa extinción.

One Comment

  1. Antom Labranha

    Vou apenas referirme a esta proposición dos autores:

    “…o bilingüismo estable é posible, porén, o factor do que depende isto é a similitude entre as linguas.”

    A idea é que se as linguas se parecen moito é fácil manexar a 2ª a partires da 1ª. Ben, ese é o sistema actual: a 1ª é o Castelán e, dende ela, contrólase o Galego.

    Mais hai outras variables que o modelo non manexa:

    O Galego é a lingua matriz do Portugués e, por tanto, pode ser estudado dentro da lusofonía.
    Isto é, se nas aulas de Primaria se desenvolve o léxico e a lingua oral -máis aló do que se poida aprender na rúa- e na Secundaria se aprende, esencialmente, a ortografía vixente nos países lusófonos (há pequeninas variações, como se passa com o Castelhano na Espanha ou na Argentina, por exemplo):

    Então o Galego seria uma língua própria, veículo de comunicação com 250 milhões de pessoas (coisa muito boa) que acrescentaríamos aos 500 milhões de pessoas com as que já podemos entender-nos em Castelhano.

    Mudei de ortografía para mostrar que a proposta é realmente asequible. Trátase de estudar nas aulas de Secundaria, xa que a ortografía é unha cuestión académica e non popular.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off