off
Editorial, Movementos sociais, Mundo, Política, Politica internacional — 8 Xaneiro, 2015 at 8:35 a.m.

Sen humor estamos mortos (‘Charlie Hebdo’)

by

O atentado fascista ao semanario anticlerical e libertario ‘Charlie Hebdo’  impactou nun país eternamente debruzado no repto de entrefrebrar  a identidade de orixe cos valores fundamentais da República. Un asasinato que vén de tocar todo un universo simbólico.  Catro figuras de dúas xeracións de xornalismo satírico francés de  entre os doce mortos polo fanatismo.  Lembremos que Francia está a participar en diversos conflictos bélicos.

O ataque á liberdade de expresión, o debate sobre o islamismo e a alerta terrorista centran o dia, non sen evidentes mostras de hipocrisía, algunasOllaparo_borbons_El Jueves delas nas capas da caverna mediática española que seica hoxe toda ela é  logo de secuestrar Egunkaria e cargar contra El Jueves hai uns meses cando censuraban unha capa na que El Rei pasaba ao Filipe unha coroa con bostaregas. Na altura non foron quen de dicir: todos somos El Jueves. Todos temos os nosos deuses intocábeis, os seu intereses inconfesábeis, e iso vale para todos. Por iso democracias como a británica sobardan en fineza intelectual ao faceren da crítica satírica o alicerce do seu xornalismo. Por iso tamén que  as ditaduras e as democracias de baixa calidade teñan tan mala relación cos  humoristas. O sociólogo Alain Touraine afirma “é unha declaración de guerra á democracia”.O New York Times advirte nun editorial do risco de islamofobia. O urxente, porén, non é apenas condear o acto asasino, senón alertar contra a crecente  islamofobia dos Renaud Camus e Eric Zemour que foi denunciada en Le Monde por  Edwy Plenel referíndose a ela como ideoloxía asasina  que “está preparando Francia e Europa para unha guerra civil”. Unha Francia que foi construindo extranxeiros na súa patria co buril do prexuizo e en base á identidade de orixe, apariencia ou crenza. Non vaia ser que no canto de defenderen a liberdade de expresión se acabe só por defender le  grandeur. Cómpre non confundirmos. Os grandes valores tamén conduciron ao colonialismo e ao totalitarismo, ao bombardeo humanitario de mezquitas.

#charliehebdo i #jesuischarlie recollen na rede o apoio á liberdade de expresión logo do ataque á revista satírica que publicou caricaturas de Mahoma. O último en engadirse á homenaxe é o debuxante de 87 anos Uderzo  , pai  –co guionista René Goscinny– dos cadradiños de Astèrix.Un colaborador de ‘Charlie Hebdo’ confirma que a revista seguirá a publicarse. É bó e desexabel que non esmoreza a defensa radical da liberdade.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off