off
Galiza, Traballo — 5 Xaneiro, 2015 at 8:09 p.m.

O que os Reis nos trouxeran: 3.286 desempregados máis

by

Entanto en Galiza segue a medrar o desemprego, o conxunto do estado crea ocupación por primeira vez dende o comezo da crise. En España hai 4,4 millóns de parados rexistrados, 253.627 menos que no 2013, baixando un 1,43%, descendendo o número de desempregad@s en 64.405 persoas. Porén, Galiza aumenta pola cuarta vez consecutiva o número de parados e lidera o desemprego rexistrando 3.286 desempregados máis, un 1,32% máis do que en novembro. 251.918 persoas sen traballo. Cataluña, Navarra, Aragón, Illes Balears e Cantabria teñen un descenso interanual maior. Miguel Malvido, secretario confederal da CIG Emprego, vén de sinalar que chama especialmente a atención  a crecente exclusión social de cada vez máis traballadoras e traballadores. Os datos son alarmantes porque, se no mes de novembro eran 116.000 o número de desempregados/as que non cobraban ningún tipo de prestación, no mes de decembro pasaron a ser máis de 120.000.

“Estamos falando de 120.000 persoas que carecen de cobertura algunha e que se ven abocadas á pobreza. E estamos falando ademais das que están rexistradas, porque os índices de pobreza seguen a medrar sen que se articulen medidas para darlle unha alternativa e hai moitas persoas que xa nin se anotan no paro porque non atopan traballo”.

A Coruña lidera a suba do paro, acadando en decembro 1.715 parados máis, seguida de Pontevedra (+1.247), Lugo (+261) e Ourense (+63). O panorama é infelizmente peor de termos en conta que a afiliación á Seguridade Social en Galiza baixou no mes de decembro en 2.178 persoas, polo que o total da media de afiliados situouse en 926.482. Datos que contrastan coas mensaxes triunfais de Feijoó. O PP tuiteaba 250.000 parados menos en 2014

Galiza_paro_mensual_xan2015

Galiza_paro_anual_xan2015

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off