off
Meio ambiente, Movementos sociais — 9 Decembro, 2014 at 12:52 p.m.

Right To Water fai un chamado á determinación contra a privatización da auga

by

torneira_augaRight To Water é unha organización que hai tempo que vén informando do que está a pasar en Europa co dereito humano á auga. A raíz da discusión no Parlamento europeo da Iniciativa Cidadá Europea (ICE), Right to Water vén de declarar que  todos os elementos que a Comisión Europea ignorara veñan de ser  inseridos.  O informe do Parlamento Europeo é coordinado por Lynn Boylan, Irish MEP. Nos próximos meses, Right To Water pedirá a Boylan que se garantan os tres puntos que soportan o ICE  asinado polos  parlamentarios e gobernos.

Segundo esta organización non gubernamental,tras o éxito da campaña en Grecia contra a  privatización da auga, os cidadáns de Irlanda veñen de xuntárense para reclamar o seu dereito á auga. O goberno irlandés creou unha nova empresa de auga (“Irish Water”) e introduciu hidrómetros con taxas de auga. Isto creou unha quenda de protestas contra o goberno. De feito, os activistas irlandeses organizaron  a maior manifestación contra a austeridade  no que vai de década.

“Nunca deixaremos de repetilo: queremos une lexislación na Unión Europea que implique a aplicación do dereito humano ao auga como é  definido polas Nacións Unidas”

En Francia, os activistas están loitando contra a falta de auga que  consideran  ilegal.  Os cidadáns franceses xa conseguiron que un operador privado, Veolia, pagara máis de  6.000€ en compensación ás familias que foron privadas do seu dereito fundamental á auga. O mesmo tipo de mobilización estase a plantexar no estado español. Estímase que os operadores privados ameazan a  máis de 900 mil familias  cos cortes de auga. En Portugal, houbo un retroceso. O parlamento nacional rexeitou unha petición popular desenvolvida para abandonar a privatización da auga. Con todo, está en curso.Porén, Right To Water  afirma que a determinación e o apoio das persoas non teñen recollido máis de 40.000 sinaturas para nada.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off