off
Movementos sociais, Política local — 12 Decembro, 2014 at 10:14 a.m.

O BNG de Cedeira esíxelle ao goberno municipal unha actuación urxente no barrio de Crónicas

by

O barrio mariñeiro de Crónicas, ubicado nunha terraza natural con fantásticas vistas á ría e ao peirao, dispón dun parque con signos evidentes de abandono mália dispor de fácil acceso polas escaleiras de madeira que ruben o promontorio rochoso desde os deturpados xardíns de Pénjamo, na entrada do peirao.


Cronicas01_Cheda_Ollaparo_1
Foto orixinal: XC

María Xosé Rodriguez, portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Cedeira vén de denunciar o  lamentable estado do parque, si se lle pode chamar así, situado no barrio de Crónicas. O BNG a preguntáse como é que despois da cantidade de cartos que o goberno municipal leva desbaldado en obras chamadas de “humanización” no centro da vila, que pasa con Crónicas?. Rodriguez declarou a Ollaparo  que os veciños e veciñas deste barrio merecen a mesma “humanización” ca o resto (en referencia ás obras que o concello concentrada no centro da vila e no Parque do Floreal esquecéndose dos barrios periféricos e das aldeas) . Por que o acceso ás vivendas deste barrio pola zona do parque consiste a día de hoxe nunha mestura de pedrería miúda con abondosas charqueiras. Que dicir, do emprazamento da fonte, totalmente deteriorado ou dos bordes nalgúns sitios desaparecidos, das supostas zonas axardinadas, inzadas de herbaxe e de broza. Perante o  ben visibel estrago, a formación nacionalista pregúntase, acaso  os veciños e veciñas de Crónicas non pagan os mesmos impostos ca o resto da veciñanza?. Segundo fontes próximas aos veciños de Crónicas, o o goberno municipal xa recibiu algunha queixa a este respecto por parte dos  afectados.

A formación nacionalista pregúntase, acaso  os veciños e veciñas de Crónicas non pagan os mesmos impostos ca o resto ?

En base á evidente deterioración e á queixa directa realizada pola veciñanza, o BNG  afirma que é un dereito de todos  o uso e disfrute dos espazos públicos e que estean en boas condicións máis alá da súa ubicación.  “Porque, ademais,  aínda que os directamente afectados polo abandono deste parque son os propios veciños de Crónicas (ninguén en cadeira de rodas ou cun carriño  pode ter acceso ás vivendas por ese lado), con certeza somos todos  os afectados”.

“Así que, unha vez máis  esixímoslle ao goberno municipal do Partido Popular que actúe, que poña en valor este pequeno espazo lúdico, xa que non é ningunha intervención millonaria, trátase de evitar o desleixo e faciltar calidade de vida aos veciños con pequenas intervencións continuadas no tempo que palien o deterioro, dignifiquen os espacios onde a xente fai a súa vida e  eviten a sensación de abandono”, afirmou María Xosé Rodríguez.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off