off
Europa, Imprensa, Mundo, Politica internacional — 12 Decembro, 2014 at 8:32 a.m.

“Gran Bretaña tirou probas sob tortura a presos de Guantánamo”, capa de ‘The Independent’

by

Tamén no The Guardian’: “Os servizos segredos pediron aos Estados Unidos agochar as conexións británicas no informe sobre torturas”. Despois de que o director da CIA, John Brennan, evitara pronunciar a palabra tortura  durante  unha inusual rolda de imprensa sobre o informe do  Senado referente ao programa de interrogatorios da axencia. Porén, admitiu “erros”  que cualificou de “repugnantes” alguns dos método empregados  -segundo subliñou- por un grupo reducido de axentes segredos. Brennan acrescentou que non se pode saber si esta información se tería podido obter sen estas “técnicas de interrogación”, cualificadas como torturas polo Senado e polo presidente Obama.

Debate sobre a tortura

O informe do Senado dos EUA abriu un debate sobre se a tortura é efectiva. Alguns exoficials da CIA, exmembros do goberno de George W. Bushe lexisladores republicanos afirman  que o programa de “interrogación” da axencia “salvou vidas”. Brennan debullou unha liña de consenso entres as dúas opción posicións coa esperanza de fechar a discusión e  restablecer a credibilidade da  axencia, recoñecendo porén que este tipu de métodos pode levar a dados  falsos. Durante a súa declaración, a senadora demócrata de California e presidenta do comité de intelixencia do Senado , Dianne Feinstein, rebateu  polo Twitter as  afirmacións. “O estudo mostra  o que si que se pode saber: a CIA tirou  información antes  da tortura”, chiou.

 Sen Dianne Feinstein

O presidente e preimio Nobel da Paz, Barack Obama, evitou posicionarse claramente sobre a eficacia e utilidade destas técnicas. Porén subliñou que son contrarias aos valores dos EUA e que estragaron a súa imaxe no mundo. O seu portavoz, Josh Earnest, insistiu que o presidente  “non acredita que estas técnicas sexan boas para a protección do país”

Independant_Ollaparo_2014_11_12

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off