off
Europa, Mar e Pesca, Movementos sociais — 4 Decembro, 2014 at 9:04 p.m.

Galiza será do xeito ou non será

by
Xeito
Xeito

A defensa a arte pesqueira do xeito representa a Galiza do porvir para un país esencialmente xunguido ao mar por 1583 quilómetros de costa. Esa fronteira representa máis, sen dúbida, do que as artes tradicionais de pesca e do que a industria das pesqueiras. Comezando pola intensidade dun agro que fai máis perentoria esa proxeción porque xuntos, mar e agro, dan lugar a un xeito ainda máis coherente de enxergar Galiza ollando ao oeste. Dos pazos ao laissez faire ambiental, das raiceiras arcaizantes da fé católica ao paganismo popular, do localismo clientelar que ainda vive no século XIX ao ronsel cosmpolita de Luís Seoane, dos peiraos ártabros ás marés fértiles das rías e aos socalcos espirituosos dos mil rios. Dicimos sector xeiteiro e poderiamos dicir leiteiro.

Repetimos a imaxe que nos deran como carreiros a ningures logo de nos teren e  nos termos negado como se o pairo fose o único roteiro posibel de convivio coa meseta que nunca disimulou ser un poder colonial, porén, houbo xeitos e maneiras de sermos galeg@s que albiscaran a fronteira litoral de Monforte á Fonsagrada. Para sobreviviren, reinventarse. Para rar@s, nós. Hai un carreiro mariño que vai de Prisciliano  a  Rosalía, Teresa Moure,  Martín Codax e Maruja Mallo, ou a curiosidade xeográfica ser sermos unha nación transterrada. Fracasamos no século XX e imos camiño de recuncar  no x.XXI a hostilidade manifesta que se profesan os fill@s desta terra. Porque  para rar@s, nós. Unha nación que se imaxina non sendo nación non encaixa en ningún referente dos coñecidos. Por iso é tan necesario o xeito que nos representa, símbolo de que o noso mellor valedor internacional, que conta coa hostilidade manifesta da neoliberal  Unión Europea e  a cada menos indisimulada indiferencia do estado español, somos nós os  galeg@s.

Logo de confirmarse que nin goberno español nin a Xunta informaran ao executivo comunitario da situación do xeito no momento da presentación da normativas (o goberno español desinformou reducindo os 427 barcos do xeito a 25),  representantes do sector do xeito veñen de denunciar ante as autoridades comunitarias o feito de ter que ser eles mesmos os que acudan a Bruxelas a defender o seu medio de vida acompañados dos parlamentarios nacionalistas  Daniel Rodas e Ana Miranda , en lugar de facelo o Goberno central e a Xunta. Ao cabo, foi Europa a que de verdade fixo engalar o país. Que saiban que somos do xeito ou non seremos.

Mariñeiros do xeito en Bruxelas (via Praza.gal)

Tags

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off