off
Feminismo, Literatura, Pensamento — 1 Decembro, 2014 at 6:30 p.m.

Aurora de Sangre, de Eduardo de Guzmán será apresentado por Rafael Cid nas Xornadas sobre Hildegart no Ateneo Ferrolán

by

O xornalista e analista político Rafael Cid presentará Aurora de Sangre,de Eduardo de Guzmán, coincidindo coas Xornadas sobre Hildegart Rodríguez Carballeira no Ateneo Ferrolán. Ano do centenario do seu nacimento, La Linterna Sorda redita o texto de Eduardo de Guzmán, con varios prólogos  e  un esbozo de Rafael Cid sobre o autor.

Hildegart Rodríguez Carballeira vai ser unha figura fascinante nos tempos da Segunda República.Maquetación 1 Superdotada, na súa curta vida, estudou tres títulos universitarios, escribiu 15 libros -sobexando na revolución sexual e un centenar de artigos de xornais e folletos informativos; actividades ligadas a un activismo social e feminista. A súa nai, Aurora Rodríguez, protectora e tiránica, non podía aturar que a súa “escultura de carne” – deixara de ser como ela planeou que fose. Cando Hildegart se quixo emancipar, decidiu “destruír o seu traballo . Catro tiros de pistola acabou coa vida desta estimulante escritora  de18 anos.
Desde o seu nacemento, os datos sobre Hildegart son intencionalmente contraditorios, xa que Aurora lanzou dúbidas sobre as súas vidas. O misterio paira sobre as súas biografías.
A historia arrepiante de Hildegart comocionou aEspaña republicana, para logo mergullar no mesto silencio  da ditadura de Franco, até que, en 1973, o escritor e xornalista Eduardo Guzmán decidiu publicar Aurora de sagre. Vida y Muerte de Hildegart . O libro é un extenso informe que a editora La Linterna Sorda rescata do esquecemento.
Eduardo de Guzmán coñecía os feitos de primeira man, tratou os dous protagonistas e exclusivamente cubriu a historia do crime en 1933, cando el era editor do xornal La Tierra‘.
Anos máis tarde, en 1987, o renomeado psiquiatra William Rendueles, traballando no psiquiatrico de Ciempozuelos  atopou o historial médico Aurora Rodríguez. Por Rendueles, puidemos  saber que Aurora vivía pechada, esquecida por todos, 20 anos máis, xa que se tiña dada  por desaparecida do inicio da guerra, en 1936.
Para alén da excelente crónica negra  o libro de De Guzmán revela toda a estrutura metafórica en torno ás relacións de dominación, de autoridade e poder, e a loita das mulleres por seren  libres.
SexoAmor_Hilgegart
Obra:
-Malthusismo y neomalthusismo : control de la natalidad
Hildegart, 1914-1933
Madrid : Javier Morata, 1932
-Paternidad voluntaria
Hildegart, 1914-1933
Barcelona : Hacer, DL 1985
-El Problema sexual tratado por una mujer española
Hildegart, 1914-1933
Madrid : Morata, 1977
-El Problema sexual tratado por una mujer española
Hildegart, 1914-1933
Barcelona : Javier Morata, 1931
-La Rebeldía sexual de la juventud
Hildegart, 1914-1933
Barcelona : Anagrama, cop. 1977
-Sexo y amor
Hildegart, 1914-1933
Valencia : [s.n.], 1931
Eduardo de Guzmán Espinosa naceu  en Villada (Palencia) en 1908, no seo dunha familia acomodada, morreu en Madrid en 1991, vítima dun infarto. Escritor nómade e redactor maratoniano, mestre de varias xeracións de xornalistas, Eduardo foi un xornalista famoso durante a Segunda República; figurou como lendario reporteiro das publicacións máis influentes da época, como ‘La Tierra’ e “La Liberdad”, tamén foi o derradeiro director de ‘Castilla Libre’ (CNT) na guerra.
Publicou unha ducia de libros (á parte de case 500 “novelas da peso” sobre o Far West e de espionaxe, que escribiu para sobrevivir, utilizando heterónimos como Edward Goodman, Eddie Thorny.
Culto, sinxelo e xeneroso, relatou as xestas do pobo na vangarda: ‘ ‘Madrid, rojo y negro’ (1938), ‘La Segunda República fue así’ (1977), ‘Aurora de sangre. Vida y muerte de Hildegart’ (1973), a triloxía sobre a República, a guerra e a derrota, ‘El año de la victoria’ (1974); ‘La muerte de la esperanza’ (1973) e ‘Nosotros los asesinos’ (1976), un conxunto de reportaxes sobre a experiencia política dos vencidos, como ele mesmo foi: detido, condenado á morte e encarcerado.

Congreso

Venres, 5 de decembro

19:00 – 19:30 INAGURACIÓN DO CONGRESO

A cargo de representantes das entidades organizadoras e entidades colaboradoras: Comisión para a Recuperación da Memoria Historica da Coruña, Ateneo Ferrolán, e Marcha Mundial das Mulleres.

19:30 – 21:00 CONFERENCIA INAUGURAL

  • A cargo de Aurora Marco: “Romper barreiras. Voces femininas a comezos do XX”.Aurora Marco é profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e especialista na historia das mulleres na Galiza. Ten publicado os libros “As precursoras. Achegas para o estudo da escrita femenina (Galiza, 1800-1936)” (1993), “Mulleres e educación na Galiza. Vidas de mestras” (2002), “Mulleres na guerrilla antifranquista” (2011), e o seu monumental “Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975” (2007).

21:00 – 22:00 ACTUACIÓN MUSICAL

  • Actuación musical por determinar

Sábado, 6 de decembro

10:00 – 11:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • José Manuel Peláez Ropero – Mi hija Hildegart (Fernando Fernán Gómez, 1977). ¿Un filme inacabado?
  • Martín Paradelo Núñez – A representación cinematográfica do corpo da muller no tempo de Hildegart
  • Ana Muiña – Aurora de sangre. Vida y muerte de Hildegart. Introducción a la reedición del libro de Eduardo de Guzmán

11:30 – 12:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • Lola Ferreiro Díaz – Republicanas de corazón, de cabeza e de corpo enteiro.
  • Luz Darriba / Micaela Fernández Darriba – As netas de Olympia de Gouges, as fillas de Flora Tristán

13:00 – 14:00 PRESENTACION DA NOVELA

  • “Entrada ao xardín do saber”, co seu autor Henrique Dacosta, presentado por Eduardo Fra Molinero

16:00 – 17:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • Miguel Ángel Pradera – Una tarea pendiente: una bibliografía formal de Hildegart Rodríguez Carballeira
  • Pablo Herrero Hernández – Hildegart Rodríguez Carballeira en el recuerdo y en los escritos del periodista y escritor republicano Luis Hernández Alfonso (1901-1979)
  • Manuela Santalla López – Hildegart: ¿Una mujer-proyecto ferrolana?

17:30 – 18:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • Kyra Kietrys – Arquivo Hildegart
  • Micaela Pattison – Hildegart como figura internacional

19:00 – 20:00 CONFERENCIA

  • Rosa Cal – “Aurora una mujer con un proyecto de vida propio: Hildegart”

20:00 – 21:00 ACTUACIÓN MUSICAL

  • Actuación musical por determinar

Domingo, 7 de decembro

10:00 – 11:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • Eduard Masjuan – El neomalthusianismo anarquista y la cuestión social en Hildegart Rodríguez
  • Lorena Cuevas Buján – Hildegart Rodríguez e Amparo Poch: a repercusión das ideas de reformismo sexual no anarcofeminismo dos anos 30
  • Eusebio Lucía Olmos – El paso de Hildegart Rodríguez por la Casa del Pueblo Madrileña

11:30 – 12:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • Monica Bar Cendón – Sexualidade e trampas da “diferencia” en Hildegart
  • Josep María Roselló – Una mujer moderna: amor y sexo en el pensamiento de Hildegart
  • Marga do Val – Por qué escribir unha obra de teatro sobre Hildegart

13:00 – 14:00 ROTEIRO E HOMENAXE POPULAR A HILDEAGART

16:00 – 17:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • Miguel Ángel Pradera – Reflexiones para una adecuada contextualización histórica de Hildegart
  • Jean-Louis Guereña – Hildegart y la reforma sexual en la Casa del Pueblo de Madrid

17,30 – 18,45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS

  • Blanca Quintanilla – Hildegart, la aniquilación de una rebelde
  • Olga Roig López – Aurora Rodríguez y Hildegart, dos vidas marcadas por la disciplina
  • Guillermo Rendueles Olmedo – Aurora Rodríguez y su doble manicomial

19:00 RECITAL DE POESÍA

  • Carmen Blanco – “Hildegarts vivas nas carballeiras: miles de mulleres para outras auroras”
  • Actuación musical por determinar

21:00 CLAUSURA DO CONGRESO

Exposicións

En paralelo ao Congreso, haberá instaladas no Ateneo dúas exposicións relativas a Hildegart Rodríguez Carballeira:

  • Unha exposición de 16 paneis sobre a vida e a obra de Hildegart Rodríguez Carballeira, que fará un percorrido pola súa traxectoria vital e recollerá tamén noticia das 14 obras publicadas por Hildegart na súa vida, e doutra 14 obras feitas arredor da súa vida e obra, por outros autores, despois da súa morte.
  • Unha exposición de obxectos sobre Hildegart Rodríguez Carballeira, con libros escritos por Hildegart, así como publicacións periódicas, documentos e obras relativas aos movementos nos que Hildegart estivo implicada

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off