off
Cedeira, Mar e Pesca, Meio ambiente, Natureza — 10 Decembro, 2014 at 1:02 p.m.

As raias e tiburóns da reserva mariña de interese pesqueiro de Cedeira

by
Charla_raias_Adega_SomosCedeira
Preme na imaxe

Adega e Somos Cedeira, coa colaboración da Confraría de Pescadores e o Grupo de Recursos Mariños e Pesqueiras (RMyP) da Universidade da Coruña  presentarán nunha charla impartida por Ana Tubío “As raias e tiburóns da reserva mariña” o proxecto de recuperación destas dúas especies e os resultados dispoñibeis neste momento.


Ana Tubío é bióloga mariña, mergulladora profesional e unha das investigadoras principais do proxecto. Neste intre, estase  a doutorar sobre a Monitorización da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira, avaliando os seus efectos ecolóxicos e pesqueiros. Esta investigadora do grupo de Recursos Mariños e Pesqueiras da Universidade de A Coruña, que leva  máis dunha década traballando nas dúas Reservas Mariñas de Interese Pesqueiro (RMIP) exporá os resultados biolóxicos, pesqueiros e socioeconómicos do proxecto dun xeito aberto e participativo para que a cidadanía poida coñecer de primeira mán os aspectos máis relevantes da investigación.

Somos Cedeira e Adega expresaron que a idea parte de darlle difusión ás investigacións que se están a levar a cabo na Ría e na reserva mariña para poñelas en valor, relacionándoas con outras investigación que se teñan levado a cabo na zona e no mundo .

Baixo este punto de partida, trataríase de canalizar baixo este proxecto o obxectivo de  divulgar o coñecemento científico sobre as catro especies costeiras estudadas utilizando o método de implantación de transmisores de telemetría ultrasónica na raia mosaico, a pintada, o tiburón alitán e o tiburón pintarroxa. Un seguimento científico que debe transferirse á cidadanía dun xeito abranxente e que permita avanzarmos  no coñecemento do estado das súas poboacións, o grau de protección co que contan en Europa,  o  valor medioambiental e cultural e o seu impacto socioeconómico nos asentamentos e vilas mariñeiras.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off