off
Literatura, Livros — 3 Decembro, 2014 at 6:43 p.m.

Aparece unha obra inédita de Raymond Chandler na Biblioteca do Congreso de Washington

by

O achádego de 48 páxinas estaba rexistrado o 20 agosto de  1917 e trátase do libreto ‘The Princess and the Pedlar’, coa música de Julian Pascal, segundo informa o xornal The Guardian.


 

Ollaparo_big_sleep_bogart_chandlerO texto foi descuberto por Kim Cooper, que está a facer unha investigación sobre a obra de Chandler. “Cando escribiu esta obra, Chandler facía cinco anos que moraba en Los Angeles. Marchara de Londres onde non trunfou como escritor. Con certeza o libreto é un serio intento de gañar a vida como escritor en medio dun deserto cultural” afirma  Cooper en ‘The Guardian’. Nos contos desta época, que recolleu RBA en castelán no libro ‘Todos los cuentos’ (2012), aparecen os sobranceiros detectives  Philip Marlowe, Mallory, John Dalmas, Ted Carmady ou Sam Delaguerra.

“Acho que é unha obra moi intelixente, cunha grande sátira”, afirma Cooper.

Os atormentados e duros detectives que navegan nun mar de gangsters e políticos corruptos. Relatos que preanuncian as grandes novelas do autor. Segundo Cooper, este achádego pon en causa o feito que Chandler abandonara a idea de escribir até  1931, cando foi despedido da petroleira Dabney Oil Syndicate polos seus problemes boa bedida. Ainda que non teñen os dereitos da obra, Kim Cooper quere levala aos escenarios  e xa pediu a colaboración do actor Paul Sand e do músico Skip Heller:  De momento o axente literario Ed Victor non deu permiso para publicala. Segundo afirma  ‘The Guardian’, é unha obra precoce e non é representativa, mais ben unha curisosidade “

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off