off
Contos, Cultura, Festas, Lendas — 12 Decembro, 2014 at 12:10 p.m.

A escola infantil de Cedeira promove os valores do Apalpador

by

A Escola Infantil de Cedeira vén de principiar unha interesante campaña de información e sensibilización ao sumarse á que veñen facendo hai tempo moitas escolas do país para recuperaren a figura  do Apalpador (ou Pandigueiro). As educadoras do centro consideran en carta dirixada ás familias “que é importante recuperar as tradicións galegas e transmitirllas ao alumnado”, animándoas a colaboraren  abríndolles “a porta da vosa casa a esta personaxe da nosa terra”.

No comunicado,  descríbese a figura amabel do Apalpador e os valores de  solidariedade, sustentabilidade  e respeito que simboliza. Ese vello de barba rubia que vive nas devesas facendo carbón todo o ano para escorrentar o frío , apañar castañas e  tallar briquedos de madeira, pedra ou cartón, respeitando a natureza. Unha presenza afábel que o fai compatibel  coas outras personaxes importadas do Nadal global e do consumismo irresponsabel xa que este noso Apalpador visita as casas a partires da noiteboa até o 31 de decembro, dependendo das zonas.  Así nolo amosan os documentos, farturento e agarimoso, ao apalpar a barriguiña das crianzas por ver se estaban mantidas e non pasaban fame.

EscolaInfantil_Cedeira_Ollaparo

Abrámoslle a porta ao Apalpador !

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off