Right To Water é unha organización que hai tempo que vén informando do que está a pasar en Europa co dereito humano á auga. A raíz da discusión no Parlamento europeo da Iniciativa Cidadá Europea (ICE), Right to Water vén de declarar que todos os elementos que a Comisión Europea ignorara veñan de ser inseridos. O informe do Parlamento Europeo é coordinado por Lynn Boylan, Irish MEP. Nos próximos meses, Right To Water pedirá a Boylan que se garantan os tres puntos que soportan o ICE asinado polos parlamentarios e gobernos.
Segundo esta organización non gubernamental,tras o éxito da campaña en Grecia contra a privatización da auga, os cidadáns de Irlanda veñen de xuntárense para reclamar o seu dereito á auga. O goberno irlandés creou unha nova empresa de auga (“Irish Water”) e introduciu hidrómetros con taxas de auga. Isto creou unha quenda de protestas contra o goberno. De feito, os activistas irlandeses organizaron a maior manifestación contra a austeridade no que vai de década.
“Nunca deixaremos de repetilo: queremos une lexislación na Unión Europea que implique a aplicación do dereito humano ao auga como é definido polas Nacións Unidas”
En Francia, os activistas están loitando contra a falta de auga que consideran ilegal. Os cidadáns franceses xa conseguiron que un operador privado, Veolia, pagara máis de 6.000€ en compensación ás familias que foron privadas do seu dereito fundamental á auga. O mesmo tipo de mobilización estase a plantexar no estado español. Estímase que os operadores privados ameazan a máis de 900 mil familias cos cortes de auga. En Portugal, houbo un retroceso. O parlamento nacional rexeitou unha petición popular desenvolvida para abandonar a privatización da auga. Con todo, está en curso.Porén, Right To Water afirma que a determinación e o apoio das persoas non teñen recollido máis de 40.000 sinaturas para nada.