off

9N, ringlas de cidadáns enchen os puntos de participación

by
Persoas agardando ás portas do IES Santiago Sobrequès de Girona, 8:45 da mañá
Persoas agardando ás portas do IES Santiago Sobrequès de Girona, 8:45 da mañá

Cinco millóns e meio de  cataláns e catalanas  poden votar hoxe no proceso participativo inédito impulsado pola Generalitat logo do veto do Estado á consulta soberanista. Segundo vén de informar o xornal ARA ,  UPyD presentou unha segunda denúncia nun xulgado de Barcelona contra o pressidente catalán, Artur Mas, por desobediència e prevaricación  para celebrar a consulta malia a súa suspensión e pediu á fiscalía que paralice o proceso e deteña aos seus autores. O lider de Unió Democràtica de Catalunya, Josep Antoni Duran i Lleida, votou e vtou si-non, segundo explicou a RAC1: “Votei si á primeira pregunta e tiña dúbidas coa segunda, entre votar en branco ou poñer confederació.. É unha pregunta proposta por min. Ao final votei si-non” afirmou.

Porén, a cidadanía catalana agardaba á porta dos colexios eleitorais con exemplar civismo. Participación madrugadora e masiva, filas de emoción. En moitos puntos de participación  as ringleiras de xente arrodeaban a contorna dos edificios. Unha das imaxes desta mañá participativa é a emoción vivida no IES Santiago Sobrequès de Girona.

 

 

 

One Comment

  1. Antom Labranha

    Isto proba o absoluto desatino dos dirixentes e tribunais políticos do Estado: Expresar o que se pensa acerca de como organizar a xestión dos asuntos públicos dunha comunidade é un acto fondamente democrático.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off