off
Ecoloxía, Meio ambiente, Politica espanhola — 15 Novembro, 2014 at 6:33 p.m.

Un barco do exército español aborda un do Greenpeace e fai caer unha activista ao Atlántico

by

Dous barcos da organización ecolóxica coa intencioón de facer unha acción contra  exploración de petróleo nas illas Canárias e a Mariña española tentou impedi-lo


Dous barcos da Mariña española abordaron este sábado pola mañá duas lanchas de Greenpeace que querina facer unha acción contra as prospeccións de  Repsol nas Canárias.O impacto foi tan brutal que chimpou unha activista italiana ao mar e fireuna de gravidade a causa  do impacto ha hélice da lancha,sendo o propio exército quen a tivo que evacuar en helicóptero. ÁS 13.15 h: a activista de Greenpeace ingresaba nun hospital de Las Palmas.

No video difundido por Greenpeace fitanse as dúas embarcacións da organización saindo do barco  ‘ Artic Sunrise’ en dirección ao barco ‘Rowan Renaissance’, contractada por Repsol para as prospeccións. A seguir, as imaxes rexistrades dende as lanchas, vese como as da Mariña, equipadas con sinaladores luminosos, abordan as dos ecoloxistas varias veces. 

[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=NcnpDXplF_k[/youtube]

Ao final do vídeo amosan o intre máis dramático, cos berros da muller ferida que non aparece nas imaxes. Cando os seus compañeiros se decatan, avisan a berros que hai unha mullera na auga.

[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=D5DE6UmzSOA[/youtube]

A Mariña española desmentiu que abordaran as embarcacións de Greenpeace, e o  ministerio de Defensa denunciou que as lanchas de Greenpeace se dirixiran á nave de Repsol  “coa  intención de abordarla”. Segundo Defensa, a Mariña enviou as súas embarcacións para interporse e evitar a abordaxe. Mas todo apuntada a que a abordada foi a lancha ecoloxista. A nota argumenta que “a defensa dos interesos vitais e estratéxicos do estado español é un obxectivo primordial da seguranza nacional, e a liberdade de exploración dos recuros enerxético dispoñibeis alicérzase nese ámbito”.

One Comment

  1. O exército e a policía ao servizo das oligarquías que nos saquean. Patriotas de todo pola pasta

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off