off
Movementos sociais, Politica espanhola, Politica internacional — 5 Novembro, 2014 at 10:40 a.m.

A Assemblea Nacional Catalana reafírmase

by

A falta de escrúpulos amosada polo goberno español e o TC  para impedir que os cataláns falen está a debilitar a mobilización para a consulta do 9N.  Conscente do “reto titánico”,  a catro dias do 9N, a ANC está a reaxir para acadar unha cifra de participación suficiente. A Assemblea Nacional Catalana  (ANC)  vén de publicar un vídeo “Votarem per tu” no que reafirma a vontade de votar o novo 9N xa que “o que está en xogo é a democracia, e  por tanto, é imprescindibel que o domingo a todo o mundo vaia a votar”.  En resposta á nova suspensión do Constitucional español a ANC afirma: Votarem (Votaremos). No vídeo,  diferentes personalidades da vida cultural, social e política actual presentan unha foto de catalanas e cataláns de sempre mentras afirman “votarem per tu”.

Nun chamado á mobilización, a ANC lembrar que ningúen dixo que fora doado nunha situación de anormalidade democrática xa que ” cada vez nos poñen máis dificil exercer o noso dereito a votar”.
Este vídeo amosa o derradeiro esforzo que a sociedade civil catalá precisa para demostrarlle á comunidade internacional  que nesta nova prova de forza do Estado,  a vontade dun pobo que só quere falar, que quere votar e que quere decidir libremente non hai  forza que a pare. Gaña a democracia e gañan as nacións sen estado.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off