off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 4 Novembro, 2014 at 6:38 p.m.

Catalunya, a democracia engaiolada

by

Logo de ser suspendido, mais unha vez o 9N, polo TC, os partidos cataláns a prol de realizar a consulta, reafirman a súa determinación. Os maxistrados non advertiron a Mas, porén, avisan que fican suspendidos os actos impugnados dende o venres pasado así como as restantes actuacións de preparación da consulta e todas aquelas vencelladas á súa realización . Convergència Democràtica, por voz do  coordinador xeral do partido, Josep Rulle, vén de afirmar que “o Governo teno todo arranxado para que os cidadáns fagan un exercizo de dignidade democrática” e para que “os cataláns se expresen libremente o  9-N. O presidente Mas pideu que se convoque o Pacte Nacional pel Dret a Decidir para consensuar os pasos previos á convocatoria do domingom.

A Generalitat presentará unha demanda ao TS contra o executivo español, baseada nun procedimento especial de protección da liberdade de  expesión.

Segundo o deputado de ERC Alfred Bosch,  o “burofax” do  TC sobre a suspensión da consulta non zoupará o proceso participativo que terá lugar o vindeiro domingo 9-N, e acreditar o contrario é “non coñecer o pobo de Catalunya”. Fronte a suspensión ICV-EUiA pídelle a Mas que “garanta”  a celebración do 9-N. David Fernández, das CUP, afirma  que parar os preparativos do 9N: “Seria unha traición”.

maxe difundida no Twitter polo portavoz de ERC en Madrid, Alfred Bosch, tirada ás portasd do Tribunal Constitucional, unha urna engaiolada. ACN
Foto difundida no Twitter polo portavoz de ERC en Madrid, Alfred Bosch, tirada ás portas do Tribunal Constitucional. A imaxe mostra  unha urna engaiolada. ACN

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off