off
Historia, Política — 1 Novembro, 2014 at 9:05 a.m.

A xustiza arxentina ordena o arresto de Rodolfo Martín Villa

by

martinvilla_ollaparo1A querela  que encetou o galego  Darío Rivas, fillo do alcalde asasinado de Castro de Rei, vén  de provocar  que a xuiza que instrue a causa sobre o franquismo  ordene a detención de vinte persoas.  O fiscal pediu a detención dos ministros franquistas  Antonio Carro Martínez, Licinio de la Fuente, José María Sánchez Ventura Pascual e Antonio Barrera de Irimo, falecido hai pouco.

Rodolfo Martín Villa foi deputado nas Cortes dende 1961 e gobernador civil de Barcelona entre 1974 e 1976. Posteriormente, foi  ministro de Gobernación, Administración Territorial e vicepresidente do goberno durante a época da UCD.

One Comment

  1. Tamén a de Utrera Molina, torturador franquista e sogro do ex-ministro de Xustiza, Gallardón.
    Non hai cortello para tanto porco impune nin S. Martinho de abondo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off