off
Cultura, Literatura — 28 Outubro, 2014 at 10:10 a.m.

Begoña Caamaño, antipatriarcal e feminista, isto é o que hai

by

 Outro dia negro para a cultura deste país. A escritora e xornalista Begoña Caamaño morreu esta segunda feira en Compostela. Con apenas  dous romances  Circe o pracer do azul e Morgana en Esmelle, a xornalista Begoña Caamaño acadara en só tres anos unha linguaxe propia que a situou entre os principais nomes da literatura actual de noso. Confesábase herdeira das mulleres dicidoras de historias que non eran quen de poñelas por escrito, o que ela facía con mestría depurada acadando o suceso entre os  lectores e a crítica. Premio Ánxel Casal,  premio da AELG, premio Losada Diéguez e premio da Crítica da narrativa galega. María Reimóndez escribe hoxe no Sermos Galiza “hoxe sinto máis ca nunca que, nos tempos que corren, construír unha comunidade dos afectos é o maior acto de subversión que unha persoa pode exercer”Neste vídeo Begoña Caamaño fala devagar sobre a Radio Galega e a nosa lingua.

 

 

“Eu non vivo soa no mundo, o que fago, desde o propio consumo cotiá, ten consecuencias, tamén para outras persoas e diso teño que ser consciente”

<

“Considero o feminismo como un humanismo global. Poñer as gafas lilas é poñerte na pel de quen padeceu a exclusión, non falar desde a historia narrada polos vitoriosos, senón de quen sufriu a exclusión por ser considerad@ menor e secundari@”

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off