off
Cedeira, Educação — 24 Outubro, 2014 at 8:32 a.m.

A degradación do patio da escola Nicolás del Río

by

Un vello problema

A comunidade do CEIP Nicolás del Rio non acouga. Se hai uns dias informabamos do retroceso das condicións de educación infantil, agora os órganos de xestión da escola Nicolás del Rio veñen de acordar  pecharen o patio  para garantir a seguranza dos alumnos. Segundo recolle o centro educativo no seu web,  inhabilitouse o patio de xeito provisional entanto o  Concello de Cedeira, Costas e a Consellería de Educación non den comprida resposta á solicitude de darlle unha  solución definitiva. Os piñeiros que arrodean o patio de area do Nicolás del Rio (algúns deles secos) foran plantados en plena zona dunar- ao pouco de ser inaugurado o edificio no ano 1972-  nun intento de acubillar o patio da nordestía co seu valado arborado e que axudaran a plantar na altura os nenos e nenas que daquela eran os primeiros alumnos do centro escolar.  Corenta anos despois ameazan caer  sobre a área de recreo ao primeiro temporal do inverno.  Tamén a reixa metálica do valado do patio sofre os efectos do tempo, o movimento da duna e as raices das árbores. A reixa orixinal plana, cos seus perfís cadrados, é agora unha estructura informe e rasgada (houbo nenos que sofriron cortes). A procesionaria dos piñeiros campa por todo espazo de lecer provocando urticarias e alerxias. Indicadores todos eles do deterioro do conxunto.

Ao despropósito de edificar unha escola sobre o areal sumouse a planta de piñeiros nunha zona pouco propicia que non tivo en conta a vexetación. A duna teima en recuperar o espazo perdido. E parece ser que  hai cousas máis importantes na vila e terra de Cedeira porque o  Concello, a administración máis próxima, non semella decatarse da progresiva degradación desa contorna.

Ollaparo_ceipnicolasdelrio_fontegooglemaps

Desleixo e falta de previsión

Malia as reiteradas peticións da dirección da escola, o consello escolar e a asociación de nais e pais, chegouse a unha situación no que a prudencia aconsellou pechar o patio. Sorprende, porén, a dilixencia con que adoitan actuar o Concello de Cedeira e a Delegación de Costas para faceren intervencións agresivas  na praia de Cedeira  e o desleixo e abandondo amosado perante a degradación visibel da contorna do patio. Que máis precisan estas institucións para velar e garantir a seguridade dos alumnos da Escola Nicolás del Rio?

Ollaparo_fotonicolasdelrio_cedeira
Fonte: CEIPNicolás del Rio

 

 

Ao mellor tamén che interesa:

Consello escolar e claustro do CEIP Nicolás del Río exixen recuperar as condicións de Educación Infantil

Miró e máis a chuva no Nicolás del Rio

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off