off
Opinião, Política local, Saúde — 16 Outubro, 2014 at 9:36 a.m.

O BNG de Cedeira critica o descaro do goberno municipal do PP

by

Ollaparo_localsocialdemaioresO goberno municipal de Cedeira volve a sorprendernos co seu xeito de facer política, atrévense a anunciar na prensa, seguindo coa súa liña de lanzamento de titulares, que  “o centro de día irá no auditorio con xestión privada”. É dicir, anuncian que imos gastar todos, porque son cartos públicos, 73.335 € nunhas obras de acondicionamento dun local público para que o xestione unha empresa privada. Por que ou como se xustifica que o publico financie ao privado?. Esta é a forma de facer política do goberno popular usar as institucións e os cartos públicos para beneficiar a empresas privadas.

Para o BNG é moi preocupante que un Concello, no que temos exemplos claros do “ben” que funciona a chamada eufemisticamente  externalización de servizos se faga propaganda de semellante xestión do público. Habería que recordar ademais que no relativo ao segundo andar do auditorio, a actuación do goberno municipal de Cedeira ten sido dende o principio desta lexislatura un despropósito continuo. Primeiro alúgase un local privado para que cumpra as funcións de local social de maiores, coa oposición destes, sen que existira ningún tipo de razón que xustificara semellante gasto. Naquel momento ademais, o ano pasado, o goberno popular foi incapaz de explicar a que querían adicar o local do auditorio, e agora que están ao caer as eleccións municipais veñen con esta gran idea.

En Cedeira necesitamos un centro de día, iso é indudable e incuestionable, pero público, e si unha empresa privada ten intención de montar un, está no seu dereito, pero que o financie. O que non ten razón de ser é que unha institución pública como é o Concello invirta cartos para beneficio dunha empresa privada e nun tema tan importante como é un centro de día do que deben poder dispoñer todos os veciños que o necesiten.

María Xosé Rodríguez Pérez é  portavoz municipal do BNG no Concello de Cedeira


Este texto é un comunicado do BNG.O Ollaparo non interveu na seleción, nen no editorial, nen no contido da notícia.


 

3 Comments

  1. Creo que así non vamos a ningures. Botan aos nosos maiores e privatizan o centro ssociocultural que e de todos.
    A cambio cedeselle a una empresa despois de investir nel.
    Algo tan importante como e o coidado dos nosos mayores non debería ser obxeto mercantil.
    Faganse as cousas ben. Non privatizar e punto.
    Adiquense realmente ao interese publico. O privado busca beneficios o público busca un fin primario.
    Si vostedes din que e por custes enton e que non saben xestionar, non si?

  2. Creo que así non vamos a ningures. Botan aos nosos maiores e privatizan o centro ssociocultural que e de todos.
    A cambio cedeselle a una empresa despois de investir nel.
    Algo tan importante como e o coidado dos nosos mayores non debería ser objeto mercantil.
    Faganse as cousas ben. Non privatizar e punto.
    Adiquense realmente ao interese publico. O privado busca beneficios o público busca un fin primario.
    Si vostedes din que e por custes enton e que non saben xestionar, non si?

  3. Creo que así non vamos a ningures. Botan aos nosos maiores e privatizan o centro ssociocultural que e de todos.
    A cambio cedeselle a una empresa despois de investir nel.
    Algo tan importante como e o coidado dos nosos mayores non debería ser objeto mercantil.
    Faganse as cousas ben. Non privatizar e punto.
    Adiquense realmente ao interese publico. O privado busca beneficios o público busca un fin primario.
    Si vostedes din que e por custes enton e que non saben gestionar, non si?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off