off
Ecoloxía, Meio ambiente, Política, Politica espanhola — 10 Outubro, 2014 at 7:24 a.m.

O conselleiro madrileño sobre a enfermeira con Ébola: “Non debia estar tan mal se foi á perruqueria”

by

Responsabilizou a Teresa Romero de terse contaxiado, insistindo que a enfermeria “agochou dados” , engadindo que “non fai falta un master para aprender a poñer un equipo protector “. Foi apenas un erro humano ou hai máis exemplos nos que a administración popular responsabiliza sempre ao máis feble? 

 


e-bolaSe ben a responsabilidade ainda está por determinar, a infección da enfermeira co virus do Ebola resposta a unha cadea de erros, tanto humanos como de protocolos. A UE debe confiar tanto no goberno español que xa enviou a dous supervisores para valorar o que fallou. Hai tantas versións que os magníficos profesionais cos que di contar Rajoy guindan pérolas  máis próprias dun cínico do que de persoas con responsabilidades. O conselleiro de sanidade da Comunidade de Madrid, o popular Javier Rodríguez acusou a Romero de “agochar” información sobre a febre e non ter superado os 38,6 graus que marca o protocolo, criticando tamén que logo de negar calquer erro ou alteración dos protocolos, a enfermeira recoñecera ao seu médico que “probablemente cometera un erro” ao espirse tocando directamente a cara coa mán.

Foi apenas un erro humano ou hai máis exemplos nos que administración popular responsabiliza sempre ao máis feble? Visar os feitos é ineludibel xa que non é a primeira vez que a administración española se desentende de responsabilidade e acusa ao axente máis vulnerábel. Velaquí  alguns casos que permanecen na memoria recente, dous deles que afectaron gravemente aos galegos:

Descarrilamento do AVE ao seu paso por Angrois : O maquinista volve ser o único imputado no accidente do camiño de ferro logo que esta terza-feira a Audiencia Provincial da Coruña estimara os recursos da Fiscalía e a Avogacía do Estado contra as imputacións de doce excargos de Adif.  Ningunha destas persoas facían parte da cúpula da empresa pública cando no 2011  comezou a funcionar o servizo na liña entre Ourense e Compostela. Ningunha chegou a declarar o mes de amio diante do primeiro instructor da causa, Luía Aláez. a Audiencia Provincial exonerou aos membros do consello de adminitración de Adif e os cinco técnicos responsábeis de seguranza.

Metro de Valencia: Na primavera imputáronse os 3 primeiros responsábeis de Ferrocarrils de la Generalitat Valenciana polo accidente do metro de València o ano 2006. Morrendo 43 persoas e  47  feridas. Vicente Contreras, Francisco García e Francisco Orts, que na altura era o director adxunto de explotación, director técnico e director do departamento de estudos e programas . Porén o ano  2008, o Tribunal Superior de Xustícia xa arquivara a causa sen imputar a ningún directivo de  FGVao entender que a responsabilidade penal era exclusivamente do maquinista do metro que, tendo morto no accidente, extinguírase calquera responsabilidade. A ‘Associació de Víctimes del Metro de València seguen a reclamar se pescuden as causas do accidente, alargando as imputacións e que o goberno valenciano pida perdón. O conseller de Presidència , José Ciscar,recoñecer non ter poblema ningún en pedir disculpas malia afirmar que non ten certeza de que se produciran erros na cobertura do accidente pola Radiotelevisió Valenciana (RTVV).

 Yak-42: O accidente o avión de transporte no que morreron  62 militares españois que voltaban dunha misión do ‘Afganistan o  26 de maio de 2003 é máis un caso no que non houbo depuración de responsabilidades. Os peritos concluiron que o accidente produciuse por un erro dos pilotos, logo de faceren unha manobra imprudente e temeraia. Entanto o Tribunal Constitucional acordaba en 2013 desestimar o recurso das  famílias das víctimas contra o arquivamentod da causas aberta pola irregularidades detectadas na contractación do vó.  Federico Trillo, ministro de defensa no goberno Azanar, derivaba desculpas á axencia NAMSA da OTAN.

Prestige. O proceso xudicial da catástrofe ecolóxica do petroleiro afundido nas costas galegas  o 13 de novembro de 2002  acusou ao capitán grego Apostolos Mangouras, o xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos, e o primeiro oficial, Ireneo Maloto –imputados todos por presuntos delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente, desobediencia e danos, mentras que o único cargo político xulgado foi o director da mariña mercante,José Luis López-Sors, acusado dun delito  contra o medio ambiente e danos, para o que a fiscalía non pedía prisión. Asumiu en solitario as consecuencias da mala xestión que a Xunta e o estado español fixeran da  desfeita ecolóxica, malia ter recoñecido que cumpría ordes do ministro de Fomento, Francisco Álvarez-Cascos, e do na altura  vicepresidente, Mariano Rajoy, que asumira a  coordinación da crise. O PP na Xunta de Fraga e no goberno Aznar criminalizaron a tarefa de Nunca máis e dos centos de voluntarios que se achegaron a Galiza a axudar na laboura de limpeza.  Após 11 anos, o  3 de novembro de 2013, van quedar absoltos todos agás o capitán  Mangouras, sobre quen caiu todo o peso da responsabilidade con nove meses de cárcere por un delito de desobediencia grave.  Non houbo responsabilidade penal e segundo o  xuiz o afundimento e posterior catástrofe ecolóxica produciuse por un erro estructural que  “ninguén podía precisar”.

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off