off
Ecoloxía, Meio ambiente — 7 Outubro, 2014 at 7:25 p.m.

Un campo de voluntariado para charcas con vida

by

Ollaparo_salvoraA iniciativa de ADEGA Charcas con Vida convoca xunto co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia un campo de voluntariado ambiental que se celebrará os días 10, 11 e 12 de outubro. O lugar escollido para esta nova actuación é a illa de Sálvora no Parque Nacional Marítimo Terrestre. Charcas con vida é unha iniciativa que conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia. ADEGA organiza esta actividade xunto co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

No Parque Nacional podemos atopar tres especies de anfibios o pintafontes (Lissotriton boscai), o sapiño pinto (Discoglosus galgonai), e a píntega común (Salamandra salamandra), poboacións todas elas de especial interese, catalogadas como vulnerables, e que contan con diferenzas significativas con respecto ás poboacións costeiras e peninsulares. Na illa de Sálvora atópanse só dúas especies: o sapiño pinto e o pintafontes.

O Parque ten unha boa cantidade de auga doce sobre todo en anos chuviosos, con regatos e charcas que son o hábitat ideal para estas especies de anfibios. Xa se teñen realizado tarefas de recuperación e de valado para evitar que os cabalos danen as charcas, polo que o voluntariado proseguirá con estas actividades de acondicionamento .

O campo comezará o venres á tarde. Achegándose até  Sálvora para alí facer a charla formativa sobre o proxecto e as actividades de recuperación de charcas. O sábado están programados os traballos de campo para os cales os participantes se dividirán en varios grupos. O domingo haberá unha posta en común dos traballos realizados. Ademáis haberá actividades complementarias como roteiros pola illa ou observación de aves e cetáceos.

Para saber máis:

www.charcasconvida.org

www.facebook.com/CharcasConVida

www.twitter.com/CharcasConVid

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off